Inicio Noticias Infantís Infantís. Ortigueira, 5 - Numancia, 1
 
 

Infantís. Ortigueira, 5 - Numancia, 1

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2009-2010. Copa Local. Ortigueira, 5 - Numancia, 1. San ClaudioDesafortunado segundo tempo.

En encontro correspondente á Copa Local Infantil o Numancia de Ares perdeu na súa visita ao campo do Ortiguiera por 5 a 1 nunha segunda parte onde o infortunio cebouse cos aresanos. Ao descanso chegouse con empate a un tanto.

 

 


San Claudio. 06/03/2010

Aliñación: Agustín; Miguelito, Alberto ( Miguel 46') (José Manuel 53'), Verónica, Darío; Martín (68'),Marcelo, Iván, Andrés Novoa; Angel (Sergio 40') e Brais (Alejandro 64').

Gol: Marcelo.

Comezou o partido con dominio alterno e  ocasións de perigo en ambas as portarías. Os ataques de ambos os equipos eran interceptados polas respectivas defensas e en ultimo caso polo acertado labor de ambos os porteiros.
No minuto 21 un centro desde a dereita de Miguelito é deixado  por Brais dentro da área para que chegando en carreira Marcelo adiantase aos aresanos no marcador.
O equipo local non se engurrou e comezou a xerar máis perigo, froito desta constancia chegaría o empate no minuto 26. Un ataque local finaliza en saque de esquina. O "corner" é rematado no primeiro pau polo atacante do Ortigueira que se adianta ao seu marcador e sorprende a Agustín establecendo o empate a un tanto co que se chegaría ao descanso.
A segunda parte foi nefasta para os aresanos que comezaron a perder xogadores aos 6 minutos da continuación, un despexe de Alberto lle provoca unha lesión na súa perna dereita e obriga a realizar a substitución. Aos 9 minutos nun saque de esquina dos locais Martín introduce o balón en propia meta ao querer despexalo. O Ortiguiera seguía centrado e os de Ares empezaban a perder a concentración.
No minuto 53, Miguel, que fora o substituto de Alberto, ten que retirarse tamén ao lesionarse cando disputa un balón dividido de onde sae mal parado. Esta xogada sentou mal nos visitantes, que reclamaron ao árbitro falta que non foi concedida.
Aínda así o empate estivo a piques de producirse nunha boa xogada por banda dereita de Iván á que non chega Marcelo en pugna co seu marcador. No minuto 68 prodúcese a sentenza definitiva para os visitantes, un balón sacado desde a defensa polos locais fai que Martín teña que retroceder para poder interceptar o pase e acaba caendo ao chan encima do seu pulso esquerdo, o balón cae preto do  dianteiro local que pugna con Verónica e o colexiado acaba resolvendo o lance con falta ao bordo da área. A falta é ben executada polo lanzador do Ortigueira e pon o 3-1 no marcador. Nun só minuto os de Ares encaixaron un gol e perderon un xogador polo que terán que acabar o partido con 10 efectivos no campo.
Durante dous minutos ambos os equipos están con dez xogadores posto que un xogador local permanece fóra do partido durante ese período de tempo a indicacións do colexiado.
A falta de tres minutos para o final unha contra é finalizada en gol polos locais (4-1) onde ve cartón amarelo Miguelito e xa co partido finalizado o 5-1 definitivo sobe ao marcador.
En resumo vítoria xusta, aínda que quizais excesiva, do Ortigueira. Cun primeiro tempo interesante con xogo por ambos os bandos e unha segunda metade onde gañou o equipo que non perdeu a concentración. Os visitantes saíron descontentos coa actuación arbitral e coa enfermaría repleta.
Mencionar que tanto o xogador do Ortigueira que interveu na xogada onde se lesionou Miguel, como o técnico do equipo local interesáronse por estado físico dos xogadores lesionados do Numancia ao finalizar o encontro.

Máis Información e imáxes do encontro na web do Ortiguiera

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.