Inicio Noticias Infantís Infantís. Perlío, 2 - Numancia, 5
 
 

Infantís. Perlío, 2 - Numancia, 5

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2009-2010. Copa Local. Perlío, 2 - Numancia, 5. Aneiros (Ferrol)Bo inicio na copa.

  No partido inicial do torneo da copa local o conxunto do Numancia impúxose por 5 tantos a 2 ó Perlío, en encontro disputado no campo de Aneiros de Ferrol.

 

19/02/2010 Aneiros (Ferrol)

Aliñación do Numancia: Kike (Roberto);Verónica, Darío, Alberto, Miguelito; Iván, Andrés Novoa, Martín (Miguel), Marcelo ( José Manuel) ; Brais (Sergio) e Ángel (Alejandro).

Goles:  Iván (2), Martín, Ángel y Brais.

Bo comenzo de torneo para os aresáns que comenzaron encaixando un gol ó pouco de comenzar o encontro. (0-1). Martín ó executar unha falta puxo o 1-1. Ángel asistido por  Martín anotou o 1-2 e Brais a pase de Ángel estableceu o 1 a 3 có que se chegou ó descanso.

No segundo tempo sería Iván oque poría o 1-4 e inda que o Perlío acurtou o resultado 2-4, novamente Iván deixou o 2-5 definitivo.

Os rapaces esta vez si paraceron estar pola laboura de conseguir a vitoria e puxeron moitas gañas, salientar ademáis dos goles un tiro de Miguel ó longueiro e outro de Marcelo ó pau. No lado negativo a retirada de Martín por lesión.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.