Inicio Noticias Infantís Infantís. Numancia, 1- As Pontes, 6
 
 

Infantís. Numancia, 1- As Pontes, 6

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2009-2010. Numancia, 1 - as Pontes, 6. Prados VellosO campión impúxose con claridade na segunda metade.

Peche ligueiro para o Numancia na liga local infantil ante o campión de grupo, As Pontes. Primeiro tempo equilibrado con 1-2 para os visitantes e afundemento local na segunda metade facilitando a goleada visitante final por 1-6.

Prados Vellos. 30/01/2010

Aliñación: Kike (Roberto 40'); Miguelito ( Tomás 57'), Verónica, Darío, José Manuel ( Brais 50'); Martín, Andrés Novoa, Iván, Marcelo; Sergio (Alejandro 57') e Alberto.

Gol: Alberto.

Último partido de liga para o Numancia de Ares fronte ao As Pontes, no que xa nada tiñan que facer clasificatoriamente uns e outros. Os locais sextos no grupo e os visitantes campións do mesmo. Precisamente por isto último o Numancia formou un corredor ao comezo do encontro para homenaxear aos visitantes.
O encontro iniciouse con ocasión clara para os aresáns ao estrelar Martín un balón no traveseiro ao saque dunha falta no minuto 2.
Pronto demostrou o equipo pontés as súas intencións e así aos 4 minutos una contra visitantes permite a un dianteiro das Pontes bater a Kike na súa saída desesperada. (0-1)
Lonxe de baixar os brazos, os locais seguiron buscando a porta visitante e lograron o empate no minuto 8. Un balón recuperado por Martín pono en longo para Alberto que bate de tiro cruzado á meta visitante. (1-1)
O perigo roldaba ambas as portas, aínda que cada "corner" visitante puña en evidencia aos locais e grazas a un deses saques de esquina, os ponteses adiantaríanse novamente no marcador no minuto 17. (1-2)
A partir de aí e até o descanso, o xogo foi máis ou menos equilibrado con algunhas ocasións de perigo por ambos os bandos.
O segundo tempo comezou con igual dinámica aínda que aos poucos os locais fóronse apagando e os visitantes dominaban ao seu antollo o centro campo.
No minuto 17 un novo contra ataque visitante serve para pór un balón ás costas da defensa local e conseguir pór o 1-3 no marcador.
A partir de aí os de Ares viñeron abaixo e  o partido fíxoselles moi longo. No 19 un tiro desde fóra da área acaba no 1-4 e no minuto 22 entrada desde medio campo do xogador visitantes até plantarse diante de Roberto para facer o 1-5.
Na 28 nova internada visitante até a liña de fondo, pase atrás e remate que para en primeira instancia Roberto. O rexeite aprovéitao un dianteiro visitante para deixar o 1-6 definitivo.
Felicitar ao As Pontes polo seu brillante traxectoria na liga e animar aos numantinos para que recarguen as pilas para o torneo de copa que proximamente se vai a disputar.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.