Inicio Noticias Infantís Infantís. Racing San Pedro, 6 - Numancia, 2
 
 

Infantís. Racing San Pedro, 6 - Numancia, 2

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2009-2010. R.San Pedro, 6 - Numancia, 2. A Gándara, FerrolNova derrota

Na súa última saída da tempada o equipo infantil caeu derrotado na súa visita ao campo da Gándara para enfrontarse ao Racing San Pedro fronte ao que perdeu por 6 a 2. Ao descanso chegouse con empate a dous tantos.


A Gándara (Ferrol) 15/01/2010

Aliñación: Roberto (Kike 40'); Miguel (Juan Carlos 55') Verónica, Alberto, José Manuel; Miguelito (Sergio 40'), Juan, Andrés Novoa, Marcelo; Ángel (Andrés Saavedra 55'), Brais (Alejandro 55').

Goles: Brais e Juan

Última xornada da liga local de infantís e penúltimo encontro á falta da disputa da aprazada fronte As Pontes. Comezou adiantándose o Numancia grazas a unha vaselina de Brais a pase de Andrés Novoa. Pero pronto espertou o equipo local que fixo intervir con acerto a Roberto nunha clara ocasión. Grazas a un gol pola escuadra o equipo do San Pedro conseguiu empatar o partido e anotaría o 2-1 grazas a un zapatazo.
A reacción aresana veu das botas de Juan quen en xogada persoal anotaría o empate a dous tantos cos que se chegaría ao descanso. Na primeira metade tamén unha ocasión de Miguelito que sae alta, unha vaselina do San Pedro que sae rozando o poste e un disparo de Juan que atalla o porteiro local.
Na segunda metade unha clara oportunidade de Marcelo que para o porteiro e un centro do mesmo xogador desde a banda esquerda que non atopa rematador son as ocasións máis destacadas dos visitantes. A partir de aí unha boa parada de Kike e os goles locais comezan a chegar. O 3-2 grazas a un disparo que kike non é capaz de reter. Pouco despois chegaría o 4-2 e o 5-2 de penalti cometido por Alberto. Para finalizar un balón pola escuadra deixaría o 6-2 definitivo.
A falta do partido aprazado, a liga está finalizada e a praza definitiva será a 6ª, completando así un discreto papel e onde queda a sensación de que se puido facer algo máis na competición.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.