Inicio Noticias Infantís Infantís. Eume Deportivo, 3 - Numancia, 3
 
 

Infantís. Eume Deportivo, 3 - Numancia, 3

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2009-2010. Eume, 3 - Numancia, 3. A Gándara. PontedeumeMellor con 10 que con 11.

A partir da expulsión de Darío o equipo numantino mellorou no seu xogo e puido conseguir sacar un punto do campo da Gándara en Pontedeume.

 07/01/2010. A Gándara, Pontedeume

Aliñación: Agustín; Vero (José Manuel 55'), Adrián, Darío ( 63'), Miguelito; Martín, David, Iván (Marcelo 40'), Juan; Ángel (Brais 70') e Alberto (Andrés Novoa).

Goles: Juan (2) e Martín

Amoestacións: Darío (Vermella), Juan e Miguelito (Amarelas)

Nunha tarde de frío intenso a beiras do Eume, o conxunto dos infantís arrincou un empate a pesar de xogar os últimos 18 minutos cun xogador menos pola expulsión de Darío. O xogo do Numancia foi mellor durante os 10 primeiros minutos e os minutos finais nos que estaban con inferioridade numérica. Ademais do cartón vermello directa a Darío por agarrón a un contrario cando se ía cara a porta no minuto 63, viron cartolina amarela por senllos agarrones Juan e Miguelito.
Adiantouse o Numancia por mediación de juan a pase de Ángel(0-1). Unha falta de Juan é aproveitada polo Eume para establecer o empate a un tanto (1-1). Novamente Juan, esta vez a pase de Iván, establecía o 1-2 co que se chegaría ao descanso. No segundo tempo o eume consegue empatar (2-2)  e dar a volta ao marcador (3-2). O definitivo empate parte dunha parede entre Marcelo e Brais que devolve a Marcelo para que meta un balón en longo que permite a Martín penetrarse na área e bater á meta local.(3-3).

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.