Inicio Noticias Infantís Infantís. Numancia, 4 - Galicia de Mugardos, 0.
 
 

Infantís. Numancia, 4 - Galicia de Mugardos, 0.

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2009-2010. Numancia, 4 - Galicia de Mugardos, 0. Prados VellosBo resultado con xogo que foi de máis a menos.

Vitoria aresana por 4 a 0 no duelo de rivalidade local, ao descanso chegouse cun parcial de 3 a 0.

 

 Prados Vellos. 19/12/09

Aliñación: Kike; José Manuel (Tomás 48'), Darío, Verónica, Miguelito; Iván, Andrés Novoa (Miguel 48'), Martín, Marcelo (Brais 48'); Alejandro (Alberto 40') e Sergio (Ángel 40').

Goles: Martín (2), Marcelo e Ángel.

Partido disputado na tarde do sábado con frío aínda que co ceo despexado. O Galicia de Mugardos presentouse en Ares con baixas cubertas por alevíns que estiveron voluntariosos e non desentonaron. Os aresanos, dominadores do encontro, apenas viron a súa meta inquietada polo rival  e solucionaron o partido nos últimos minutos do primeiro tempo e no comezo do segundo para logo diluírse.
A nota negativa foron as lesións por ambos os bandos, xa que o Galicia tivo que realizar uan substitución por lesión aínda non mediada a primeira pate e o Numancia acabou o encontro con 10 xogadores pola retirada de Verónica cun golpe no nocello e os rengueantes Martín e Iván.
Pronto chegou o primeiro gol local, aos 2 minutos unha xogada por banda esquerda que inicia Martín pasando a Marcelo, este pasa a Sergio dentro da área para que asista a Martín que non perdoa e pon o 1 a 0.
Seguiron algunhas ocasións locais ben resoltas pola defensa e o meta visitante. Os de Mugardos apenas inquietaron a meta de Kike ben suxeitos pola defensa local. O xogo local polas bandas, con subidas dos laterais apoiando o xogo de ataque, propiciaron xogadas de perigo que non darían o seu froito até o final do primeiro tempo.
No minuto 36 un corner ben executado por Iván cabecéao Martín para pór o 2 a 0.
No 39 un blón servido en longo por Martín a Marcelo permite a este internarse na área e bater ó meta mugardes na súa saída establecendo o 3 a 0 co que se chegaría ao descanso.
A segunda parte comezou con Ángel e Alberto en punta. No 44, unha internada de Iván até a liña de fondo permítelle pór un balón cara atrás para que chegando en carreira Ángel anote o 4 a 0.
De aí até o final o xogo vólvese lento e impreciso por ambas as partes con apenas ocasións de gol. Aos poucos van aparecendo problemas nos locais coa lesión de Verónica que a deixa mermada e acabará por obrigar a atrasar a Alberto  e retirala faltando 10 minutos para a finalización. Tamén Martín con molestias nun xemelgo resígnase a aguantar a posición e non forzar para non sufir maiores problemas.
En resumo unha vitoria local  e có xogo condicionado polos problemas físicos do segundo período.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.