Infantís. Rápido de Neda, 6 - Numancia, 1

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2009-2010. Rápido de Neda, 6 - Numancia, 1. Municipal de NedaNaufraxio en Neda.

Dolorosa derrota dos infantís en Neda, no que quizais fose o peor partido dos nosos esta tempada. Ao descanso chegouse co resultado de 2-0.

 

Municipal de Neda. 12/12/09

Aliñación: Kike (Agustín 40'); Andrés Saavedra, Miguel, Darío, José Manuel; Iván, Verónica, Andrés Novoa (Tomás 40'), Marcelo; Brais (Alejandro 40') e Alberto.

Gol: Andrés Saavedra.

Os aresanos caeron derrotados no seu peor encontro disputado até o momento. Erros en defensa e fallos clamorosos en boca de gol deron como resultado a contundente derrota en campo do que até o momento era o último clasificado.
No minuto 8 á saída dun corner o despexe de Kike é aproveitado por un dianteiro local para abrir o marcador (1-0).
No minuto 9 o Numancia ten unha ocasión que salva un defensa local baixo paus.
No minuto 10 falta lateral a favor do os visitantes que Andrés Novoa, de costas a portaría, non pode aproveitar.
No minuto 11, disparo de Alberto e boa parada do porteiro local.
No minuto 13, saque o longo do Neda, o balón bota e excede á defensa numantina e deixa en solitario ao atacante local para bater a Kike na súa saída. (2-0)
Durante o primeiro tempo o Numancia chegou a porta e forzou até 10 saques de esquina. No saque dos mesmos dispuxo de varias oportunidades claras, posto que o balón paseouse por diante da meta local pero os dianteiros visitantes non souberon aproveitar ningunha das ocasións.
No segundo tempo os técnicos visitantes fan os cambios e modifican o sistema de xogo deixando só tres defensas. A xogada inicial entre Andrés Saavedra e Iván permite a este último facer un centro que Marcelo non consegue aproveitar posto que o seu tiro frouxo sácao o porteiro local.
A partir de aí o Numancia móstrase aínda máis inoperante e así no minuto 13 un cambio de xogo de esquerda a dereita efectuado polos locais sorprende á lenta defensa visitante e o balón acaba na meta de Agustín. (3-0).
No minuto 21, un pase en longo a Andrés Saavedra permite a este chegar até o pico da área pequena e consegue conectar un disparo que bate polo pau curto ao porteiro rival.(3-1)
No minuto 30, un contra-ataque local sorprende á zaga aresana novamente e José Manuel no seu intento de cortar a xogada, comete falta dentro da área sobre o xogador local. O correspondente penalti é transformado no 4-1.
No minuto 32, un erro no saque de porta é aproveitado polos dianteiros locais que ante a pasividade da defensa visitante logran o 5-1.
No minuto 38, novo erro defensivo aproveitado polos locais para deixar o marcador no 6-1 definitivo.
En resumo, partido onde un equipo, o Rápido de Neda, puxo máis ganas e acerto e outro, o Numancia, que non puxo as ganas suficientes nin foi capaz de aproveitar as oportunidades das que dispuxo e que nunca deu a sensación de poder sacar adiante o encontro.
Hai que felicitar ao conxunto de Neda pola progresión que está a realizar e aos nosos animalos para que se sobrepoñan ao pau desta derrota e saquen adiante os partidos que restan no campionato.
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.