Infantís. Numancia, 3 - E.F.Racing, 4

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2009-2010. Numancia, 3 - E.F.Racing, 4. Prados VellosMáis acerto visitante que local.

A E.F.Racing de Ferrol venceu por 3 a 4 ao Numancia grazas a unha mellor efectividade. Ao descanso chegouse co resultado de 1 a 2 favorable aos visitantes.

 

5/12/09 Prados Vellos

Aliñación: Agustín (Kike 40'); Verónica, Martín, Darío, Miguelito (José Manuel 60'); Miguel (Tomás 64'), Iván, Andrés Novoa, Marcelo (Sergio 68'); Alberto e Ángel(Brais 40').

Encontro moi disputado con ocasións por ambos os bandos e que os visitantes da E.F. Racing aproveitaron mellor.
Aos 11 minutos unha indecisión da defensa local facilita a ocasión ao dianteiro racinguista que adiante aos visitantes (0-1).
Aos 14 minutos un encontrón no area local entre Andrés Novoa e un dianteiro visitante é interpretado como falta polo colexiado. O rigoroso panalti é transformado polos visitantes para aumentar distancias no marcador.(0-2)
O adestrador local toma a decisión de reaxustar as liñas e pasa a Verónica do lateral dereito ao centro da zaga pasando Martín ao medio campo. A parella de medios até o momento Iván e Miguel pasan a xogar en banda, Miguel na defensa e Iván en ataque, por último Andrés que estaba a xogar en banda acompaña a Martín no centro. Este cambio de posicións favorece o xogo local  e comeza unha fase de dominio numantino con ocasións claras de Ángel no 29 a pase de Iván e do propio Iván no minuto 39. O acoso local ten os seus froitos no minuto 40 cun pase en longo de Martín a Marcelo que consegue rematar sobre a saída do porteiro visitante establecendo o 1-2 co que se chegaría ao descanso.
Na segunda parte o Numancia volveu saír adormecido e un novo descoido defensivo permite que o 9 ferrolán marque a pracer desde o centro da área anotando o 1-3 no minuto 42.

Comenza un intercambio de ataques con outra clara ocasión local no 48 a pés de Marcelo que non sabe resolver. No 51 un disparo de Martín por encima do traveseiro visitante. No 52 novo disparo do Racing que Miguelito saca baixo paus. Neste intercambio de ataques, os ferroláns son máis efectivos, e así no 54 un balón ás costas da defensa local é aproveitado por un dianteiro visitante para establecer o 1-4. A xogada foi protestada pola afección local que reclamaba fóra de xogo do atacante visitante.  Lonxe de baixar os brazos, o Numancia aumentou esforzos e seguiu buscando con afán a meta rival.

No minuto 59 chegaría a mellor xogada do partido. Un balón recuperado por Miguel na banda dereita á altura do medio campo, serve para dar inicio a unha xogada de toque e paredes. Miguel pasa a Iván, este devolve a Miguel quen mete por banda o balón a Brais, este apóiase en Iván novamente que devolve a Brais en profundidade, quen chegando á liña de fondo, centra ao pico contrario do area pequena onde recibe Marcelo a quen lle saen a tapar tiro o porteiro e un defensa rival. Marcelo en lugar de tirar a porta ,cede ao primeiro toque atrás ,asistindo a Alberto quen vén en carreira e anota o 2 a 4.
Séguese atacando por parte do Numancia, aínda que o Racing tamén contra-ataca con perigo, así no 69 dispoñen os visitantes dunha boa ocosión e no 72 é Alberto quen pode acurtar distancias novamente. Sería no minuto 73 cando Brais asiste a Sergio para que desde dentro da área acurte distancias (3-4). Cando menos, o empate parecía factible pero xa non se puido anotar máis goles, ademais de contar o equipo visitante cun disparo ao traveseiro no minuto 77.
Encontro disputado onde os descoidos locais custáronlles dous goles en momentos chave. No positivo a entrega do equipo que seguiu buscando o triunfo a pesar da diferenza no marcador.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.