Inicio Noticias Infantís Infantís: Ortigueira, 5 - Numancia, 6
 
 

Infantís: Ortigueira, 5 - Numancia, 6

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2009-2010. Ortigueira, 5 - Numancia, 6. San Xoan (Ferrol)Remontada épica en seis minutos de tolemia.

Vitoria numantina nun partido que perdía ante o Ortigueira por 5-3 a falta de 6 minutos para a finalización do encontro.

 

San Xoan (Ferrol) 28/11/09

Aliñación: Agustín ( Kike 40'); Verónica, Martín, Darío, Miguelito;Andrés Novoa ( Alejandro 64'), Andrés Saavedra ( José Manuel 40'), Iván (Miguel 40'); Brais (Sergio 60') e Alberto.

Goles: Martín (4), Iván, Alberto.

O partido disputouse no campo de San Xoan en Ferrol por ter o Ortigueira o seu campo de Morouzos en malas condicións. De partida o Numancia xogou cunha variante en defensa, colocando a Verónica en banda dereita e formando parella no centro Martín e Darío. Pronto se viu que as grandes dimensións do campo facilitaría a aparición de espazos e así no minuto 4 Andrés Novoa asiste a Iván que desde o bordo da área inaugura o marcador (0-1).
Pouco durou a alegría visitante, posto que aos 10 minutos, unha falta de entendemento entre Agustín e Andrés Novoa á saída dun corner deixou o balón a pés dun dianteiro local que conseguiu o empate (1-1).
Aos 18 minutos, unha apertura de xogo de Andrés Novoa a banda dereita sobre Iván, permite que este se interne até a liña de fondo e ceda cara atrás a Alberto,  que  en boca de gol non perdoa, adiantando novamente ao Numancia (1-2).
Novamente dúralle pouco a alegría aos visitantes. No minuto 20, empata novamente o Ortigueira ao executar unha falta desde o bordo da área na que Agustín non está moi afortunado e non é capaz de atallala (2-2).
O Ortigueira parece tomar as rendas do partido e  aos 26 minutos estrela un tiro no traveseiro.
Aos 36 unha entrada por banda esquerda do Ortigueira acaba nun centro á área pequena onde un atacante local só ten que empuxar o balón para adiantar aos locais. (3-2).
Co 3-2 no marcador chégase ao descanso e o Numancia vese obrigado a realizar un cambio por lesión, novamente Iván ten que ceder o seu posto a un compañeiro. Ademais reaxústase a defensa pasando Verónica ao centro, José Manuel á dereita e Martín ao centro do campo.
Martín sae moi enchufado, e proba diso é o empate do minuto 45. O balón chégalle dentro da área disparando unha vez, o rexeite do defensa recólleo novamente e volve disparar sendo agora a meta o que repele o lanzamento, novamente Martín peléxao e volve disparar marcando o gol do empate. (3-3).
O Ortigueira lonxe de amedrentarse planta cara e no 47 volve adiantarse nun balón posto ás costas da defensa que aproveita un atacante local para bater a Kike na súa saída. (4-3)
No 64, xogada por banda dereita do Ortigueira e indecisión da zaga aresana que permite aumentar a vantaxe aos locais (5-3).
Parecía que o Numancia baixaría os brazos, pero seguiu pelexando e confiando en lograr algo positivo. A falta de oito minutos para o final o adestrador visitante arrisca cunha defensa de tres e sube a Verónica a medio campo para ter superioridade. Sería novamente Martín nunha xogada de forza queién saíndo desde o medio campo plantaríase na área do Ortigueira e acurtaría distancias no minuto 74. (5-4).
O Ortgueira esta desconcertado ante o empuxe aresán. No minuto 76 un balón posto á área recólleo Alberto, quen é arroiado por un defensa local, pitando o árbitro o penalti correspondente. Martín execútao con firmeza e pon o empate a 5 no marcador a falta de 4 minutos.(5-5).
Cando parecía que o empate sería definitivo, un saque de banda desde a esquerda do ataque numantino acaba sendo centrado á área e chega a pés de Sergio quen é obxecto novamente de falta dentro da área. O colexiado volve pitar o penalti correspondente e Martín volve executalo de forma intelixente conseguindo o 5 a 6 que desata a tolemia entre os aresáns, era o minuto 80.
Aínda habería tempo para un ataque local que resolveu con solvencia a defensa aresana.
Así como noutras ocasións botamos en falta a intensidade no xogo do Numancia, esta é unha ocasión onde demostraron que son capaces de sacar os partidos a pesar da calidade do rival, da envergadura dos contrarios e dos fallos propios. Non se deron por vencidos e acabaron gañando o partido.
Hai que felicitar a ambos os equipos polo esforzo e os 11 goles que puidemos ver na mañá do sábado.

  Información con imaxes e video do encontro na páxina do F.C. Ortiguiera

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.