Infantís. Cariño, 4 - Numancia, 2

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2009-2010. Cariño, 4 - Numancia, 2.  Municipal de CariñoO que perdoa acábao pagando.

O Numancia perdeu por 4 a 2 un encontro ante un Cariño que aproveito mellor o vento e as súas oportunidades. Ao descanso chegouse con vitoria local por 2 a 0.

Municipal de Cariño. 21/11/09

Aliñación: Kike (Agustín 40'); Miguelito, Martín, Verónica, Darío (Miguel 40'); Ángel (José Manuel 52'), Iván(Alejandro 68'), Andrés Novoa, Marcelo; Alberto e Brais (Juan Carlos 63').

Goles: Martín e Juan Carlos.

Con vento en contra comezou a primeira parte para o Numancia, os ataques locais levaban algo de perigo durante os primeiros 20 minutos resolto sobre todo por un entonado Kike. Comezouse a estirar o Numancia e Marcelo prantouse fronte ao porteiro e non foi capaz de batelo, sería a primeira dunha serie de ocasións claras para os visitantes. No minuto 27 unha clara ocasión local é resolta polo porteiro numantino. No 28 Ángel ten a primeira gran ocasión ao tirar preto do pau. No 30 nova ocasión para o Cariño que sae preto do pau. Este intercambio de golpes rompeu a favor dos locais no minuto 31 cando un balón aereo bota e coa axuda do vento supera a Martín deixando ao dianteiro só ante Kike que non pode facer nada por evitar o tanto. (1-0). Ao minuto o empate puido subir ao marcador nun balón que Marcelo serve a Brais i este ante a saída do porteiro estrela o balón contra o gardamenta por dúas veces. No 37 novamente Brais remata nun corner e envía o balón por encima do traveseiro. Cando parecía que coa diferenza mínima chegaríase ao descanso, prodúcese un corner no minuto 39, con apuros a defensa visitante volve ceder o balón a corner. Á saída deste último corner (40'), o rexeite da defensa aprovéitano os locais para bater por alto a Kike e pór o 2-0.
A segunda parte comeza cunha nova ocasión de Brais no minuto 1 e un corner favorable aos visitantes que Martín non logra rematar cando o tiña todo a favor. Cumprese a máxima de quen perdoa págao, así no minuto 4, un corner é aproveitado polos locais para establecer o 3 a 0. Cando parecía que o partido estaba xa decidido, nun arreón de Martín desde campo propio (60') prántase na área local e consegue acurtar distancias (3-1). No 64 o recentemente entrado Juan Carlos aproveita un pase cara atrás de Iván para novamente marcar polos visitantes (3-2). Os Numantinos reclamaron unha pena máxima nun encontrón entre Alberto e o porteiro local. O Numancia tentaríao até o final, pero no último minuto (80'), como sucedese no primeiro tempo, un corner favorable ao Cariño finaliza nun remate de cabeza desde o punto de penalti por un dianteiro local deixando o marcador no definitivo 4-2.
O Numancia dispuxo de ocasións que non soubo aproveitar. En ataque caía moitas veces no fóra de xogo i en defensa producíronse desaxustes que levaron, nalgúns momentos, a que os centrocampistas acabasen fora de sitio deixando o medio campo con superioridade para o equipo local. Outra diferenza importante no xogo foi que, mentres o Cariño trataba de rasear o balón, o Numancia abusaba dos balóns aéreos que se complicaban polo efecto do vento.
Apuntar tamén que novamente Darío e Iván retiráronse lesionados.
Con esta derrota os postos de cabeza quedan cada vez máis lonxe.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.