Inicio Noticias Infantís Infantís. Amistade-Meirás, 0 - Numancia, 9
 
 

Infantís. Amistade-Meirás, 0 - Numancia, 9

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2009-2010. Amistade-Meirás,0 - Numanica,9. Atios ValdoviñoContra vento e marea.

Vitoria do Numancia en Atios fronte ao Amistade-Meirás por un contundente 0 a 9, 0-3 no descanso


Atios 14/11/09

Numancia: Agustín; José Manuel, Miguel(Brais 50'), Darío, Miguelito; Iván, Martín, Andrés Novoa(Andrés Saavedra 57'), Marcelo; Sergio (Ángel 40') e Alberto.

Goles: Alberto (6); Iván, Brais e Ángel.

Cartóns: Amarela para Alberto por reiteración na obstaculización de saques de falta ao contrario.


Comezou a segunda volta da liga local de infantís e a climatoloxía non acompañou para a práctica do fútbol. Aínda que en principio o campo de Atios estaba brando pero en condicións, a auga caida duante toda a noite fixo que ao longo do partido puxésese moi pesado e un forte chuvieiro na segunda parte acabou por pór aínda peor o cesped. Ademais o forte vento viña dificultar máis o xogo.
Con estes ingredientes comezou o encontro e parecía que os locais se adaptaban mellor ao terreo de xogo que os visitantes. Pero aos 6 minutos unha xogada entre Martín e Alberto é finalizada por este colocado o balón na base do pau dereito da meta local e logrando o 0 a 1.
Os locais deron a cara e achegáronse á meta aresana conseguindo forzar tres saques de esquina  case consecutivos pero sen sacar nada positivo. No minuto 25 Iván avisa cun tiro ao pau da meta local e no 26 o propio Iván aproveita un pase de Alberto para que desde dentro da área poida bater ao porteiro local e pór o 0-2 no marcador. Aos poucos o dominio visitante era maior e empezábase a atopar cómodo aproveitando as contras para pór en apretos aos de Meirás. Nun deses roubos de balón Martín lanza en longo para Alberto, que  en disputa co porteiro consegue marcar o 0-3 co que se chegaría ao descanso
Ao minuto(41') da continuación Iván fai un "centro-chut" desde a dereita e o porteiro non é capaz de blocar o balón que cae a pés de Alberto, quen non perdoa e establece o 0-4.
No 45 un saque de porta local cae a pés de Alberto quen sen pensalo dúas veces dispara de lonxe e bate novamente á meta do Amistade facendo o 0-5.
A festa goleadora de Alberto continuou no 48 cando Iván chega até o fondo e pasa cara atrás onde esta ben situado Alberto e consegue o 0-6.
Novamente Iván dispara no 50 e o rexeite aprovéitao novamente Alberto facendo o 0-7 xeneral e o seu sexto tanto particular.
No 74 un centro de Ángel desde a esquerda aprovéitao Brais para establecer a porta baleira o 0-8.
Por último unha contra entre Brais e Ángel finalízaa este estableceiendo o definitivo 0-9 no minuto 79.

Bo partido no que o Numancia adaptouse ao terreo de xogo e ao vento con maior facilidade que os locais e onde o acerto goleador de Alberto facilitou o camiño. Por ocasións claramente foi superior o Numancia que ademais dos goles dispuxo de máis oportunidades para marcar, mentres que  polo conxunto local case non se inquietou a meta de Agustín. A pesar do resultado, é de xustiza recoñecer a entrega dos xogadores do Amistade-Meirás que  até o último minuto trataron de marcar e tentaron plantar cara, pero que se viron superados por un Numancia ben plantado e con moito acerto goleador..

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.