Infantís. Numancia, 8 - San Pedro, 1

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2009-2010. Numancia, 8 - San Pedro, 1Con mal tempo, boa cara.

Nunha mañá chuviosa en Prados Vellos, o Numancia venceu por 8 a 1 ao Racing San Pedro no partido correspondente á 9º xornada da liga local intantil. Ao descanso chegouse co resulado de 4 a 0.


Sábado 7 de Novembro de 2009. Prados Vellos

Numancia: Kike (Roberto 40'); Miguel, Verónica, Darío(Tomás 51'), Miguelito (José Manuel 59'); Iván (Sergio 56'), Andrés Novoa, Martín, Marcelo; Brais (Ángel 40') e Alberto.

Goles: Martín (4), Iván, Alberto, Ángel e Marcelo

A mañá presentábase chuviosa e o campo estaba pesado pola auga que acumulaba, pero os locais saíron dispostos a mostrar a súa mellor cara fronte a un rival, o Racing San Pedro, que se presentou con 12 xogadores debido ás numerosas baixas que tiña.
Pronto se viu a disposición do Numancia que aos dous minutos case marca, pero un defensa visitante saca o balón cando xa se coaba na meta.
Aos 8 minutos, Iván nunha boa xogada persoal, chega até a liña de fondo e pasa cara atrás para que Martín chegando en carreira inaugure o marcador (1-0).
A pesar das baixas o San Pedro non entregou o partido e puxo en máis dun aperto aos locais e Kike empregouse a fondo para evitar ver a súa meta batida nun par de claras ocasións visitantes.
No minuto 15, xogada entre Iván e Brais que finaliza o primeiro conseguindo desde dentro da área o 2-0.
Aos 18 minutos prodúcese a lesión do porteiro visitante, que forza a súa substitución esgotando así os visitantes o seu único cambio. Por sorte para eles o substituto é tamén guardamenta e do mesmo xeito que o seu compañeiro, a pesar de que o marcador poida indicar o contrario, demostrou a súa calidade en máis dunha ocasión con intervencións de mérito.
Aos 20 minutos, xogada de forza de Martín que leva o balón até dentro da área e bate a meta visitante establecendo do 3-0.
No minuto 28, pase longo cara a Alberto sobre a  banda esquerda que de espuela prolonga cara á carreira de Marcelo, este chega ao fondo da área e pasa cara atrás para deixar en bandexa a Martín, que non desaproveita o pase e deixa o marcador no 4-0 co que se chegaría ao descanso.
Unha ocasión clara do R.San Pedro sácaa na liña Andrés Novoa, era o minuto 30.
A falta de 5 minutos para o descanso un monumental chuvieiro cae sobre os xogadores que a duras penas conseguen rematar este primeiro período ante a auga e vento que os estaba azoutando.
Os locais cambian de equipamento no descanso posto que estaban empapados e arrinca o segundo tempo cunha falta perigosa ao bordo da área favorable aos visitantes aos 44 minutos.
Aos 48 minutos, Ángel recorta dentro da área e o defensa visitante derrúbao. O árbitro pita o penalti correspondente e Alberto, que dispuxera de claras ocasións anteriores, non perdoa e establece o 5 a 0.
Aos 51 minutos lesiónase Darío cun golpe no empeine dereito, é substituído por Tomás.
Aos 52 minutos, Marcelo realiza unha internada por banda esquerda e serve ao punto de penalti para que Ángel marque o 6-0.
Novamente Ángel, aos 58 minutos, dispón dunha gran ocasión, pero esta vez o balón vai ao pau.
No minuto 66, un fallo en cadea dos locais ante un contra ataque dos visitantes, aprovéitao o San Pedro para acurtar distancias (6-1).
No minuto 70, Martín saca un corner e o balón, que pasa entre atacantes e defensores sen que ninguén acerte a tocalo, acaba na meta ferrolá, conseguindo así Martín o seu cuarto tanto particular e o 7 a 1 global.
No minuto 72, arrancada de Ángel por banda dereita desde o centro de campo sorteando ao seu marcador e plantandose ao bordo da área para asistir a Marcelo que bate ao porteiro visitante por baixo sobre a súa saída.
En resumo, moi boa cara a mostrada polo Numancia ante un San Pedro que dispuxo de máis dunha ocasión clara. En xeral, o rendemento de todos foi moi alto, pero quizais hai que mencionar especialmente a Kike polas súas oportunas intervencións co 1-0 no marcador e Andrés Novoa cun labor incansable no medio campo axudando en defensa e ataque, permitindo a Martín chegar en mellores condicións a posicións rematadoras.
Finaliza así unha primeira volta, onde os 15 puntos obtidos antóllanse escasos para o que de verdade podería dar este equipo que pasa con demasiada facilidade do branco ao negro como demostran os resultados obtidos nas súas 5 vitorias e 4 derrotas. Agora tres xornadas viaxando, Valdoviño ( Amistade-Meirás), Cariño e Ortigueira para comezar a segunda volta.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.