Inicio Noticias Infantís Infantís. As Pontes, 5 - Numancia, 1
 
 

Infantís. As Pontes, 5 - Numancia, 1

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2009-2010. As Pontes, 5 - Numancia, 1. O Poboado. Só aguantaron un tempo.

En partido correspondente á liga local disputado pola mañán no campo de "O Poboado" en As Pontes, o equipo local impúxose por 5 a 1 ao equipo do Numancia. Ao descanso chegouse con vitoria local por 2 a 0.

31/10/09. O Poboado. As Pontes.

Alíneación do Numancia: Agustín; Miguel (José Manuel 57'), Adrián, Juan; Ángel (Brais 40'), Martín, David López, Marcelo; Alberto e Andrés Novoa.

Gol: Martín.

Mal empezaba o desprazamento a casa do lider para o Numancia, que vía como a parella de centrais habitual (Verónica e Darío) non podían desprazarse por problemas de saúde, ós cales  sumabanse ás xa numerosas baixas existentes. Xa no quecemento inicial Iván ten que deixar o seu posto de saída a Ángel por molestias no seu talón dereito. Para este encontro os infantís que habitualmente xogan cos cadetes baixaron a botar unha man, así Adrían, Juan e David López reforzaron o equipo aresano.

O partido comezou con ataques locais que a defensa visitante e sobre todo o porteiro, Agustín, conseguiron liquidar. Aos poucos foise nivelando a contenda e entrouse nun  período de dominio alterno onde as ocasións de perigo roldaban as dúas metas.

Aos 12 minutos Alberto dispuxo dunha boa ocasión, pero o porteiro local estivo rápido e atento para abortar a oportunidade. Outra clara ocasión para os aresáns estivo nos pés de David López no minuto 16, que remata unha falta servida por Martín pero o balón sae por fora da meta local.

No minuto 21 sería unha contra local a que leva o perigo  á meta defendida por Agustín que ve como o balón vaise fora rozando a base do poste  dereito. Reacción do Numancia  con outra clara acción de Andrés Novoa que se vai demasiado á dereita da meta pontesa.

O primeiro gol chegaría no minuto 30, nunha perdida de balón no centro de campo do Numancia que aproveita un centrocampista pontés para pór un balón ás costas da defensa visitante e un dos dianteiros locais bate por baixo a Agustín na súa saída.

No saque de centro, minuto 31, Martín mete o balón en longo para a chegada de Marcelo que non é capaz de finalizar con acerto.

Case a continuación, no minuto 33, chega a "puntilla" para os aresáns que ven como nunha nova perdida de balón os locais plántanse ao bordo da área e establecen o 2-0 co que finalizaría a primeira metade.

Aínda tería As Pontes unha clara ocasión para ampliar o marcador no minuto 36 onde Agustín ten que intervir con acerto por partida dobre.

Para finalizar o primeiro tempo  cunha ocasión por parte visitante á saída dun corner que saca Martín e o rexeite aprovéitao el mesmo, parando o balón o porteiro.

A segunda parte comezaría cun corner a favor do Numancia no primeiro minuto onde os rematadores visitantes non son capaces de resolver en gol. A saída rápida de balón dos locais cara á banda dereita fai que se xere unha internada con centro á área que o dianteiro local é capaz de enviar á rede batendo por baixo a Agustín e subindo o 3-0 no minuto 42 ao marcador.

A pesar do resultado tan adverso o Numancia aínda tentou facer algo e unha internada por banda esquerda de Marcelo finaliza en falta que Martín de tiro directo aproveita para acurtar distancias (3-1) no minuto 46.

No minuto 51 unha falta no medio campo favorable aos locais é sacada novamente ás costas da defensa aresana que non está moi acertada e permite marcar ao conxunto local o 4 a 1.

A partir de aquí as ocasións foron sobre todo dos locais que puñan balóns colgados á área xerando moito perigo resolto por Agustín con moito acerto.

O 5-1 definitivo nace nunha xogada por banda esquerda do As Pontes que permite chegar ao dianteiro local só ante a saída de Agustín e batelo novamente por baixo no minuto 58.

Desde aí até o final do encontro ocasións para os locais e algunha solta do visitantes pero sen moita fortuna.

En resumo un partido que estivo máis equilibrado no primeiro tempo que no segundo onde o As Pontes con balóns ás costas da defensa aresana foi superior e só a boa actuación do porteiro visitante Agustín impediu unha maior derrota.







 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.