Infantís. Numancia, 1 - Eume, 5

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2009-2010. Numancia, 1 - Eume, 5Derrota condicionada polas baixas.

En encontro correspondente á 7ª xornada da 2ª Autonómica, disputado nunha chuviosa tarde en Prados Vellos, o Eume Deportivo venceu con claridade a un Numancia cheo de baixas por un contundente 1 a 5, ao descanso chegouse con empate a un tanto.

 

 

24/10/09 Prados Vellos

Xogaron polo Numancia: Kike; Miguelito, Verónica, Darío, José Manuel( 40' Andrés Saavedra); Iván, David López, Miguel (52' Tomás), Marcelo; Ángel (40' David Gil) e Brais (59' Alejandro).

Gol: David López.

O encontro presentábase complicado debido ás multiples baixas do equipo local, até un total de 7, que fixo necesaria a participación de David Lopez e David Gil. O primeiro xogador infantil que habitualmente xoga co equipo cadete e o segundo xogador do do equipo alevín. Ademais a chuviosa tarde e o campo encharcado fixo difícil o desprazamento de balón, circunstancia á que se adaptaron mellor os xogadores eumeses.
Os primeiros avisos foron visitantes cunha falta no minuto 10 que detén ben Kike. Novo aviso do Eume aos 23 minutos cun tiro ao pau. Aínda así, serían os locais os que se adelantrían grazas a un saque de esquina de Iván que pelexa no primeiro pau Marcelo e do rexeite aprovéitase David López para establecer o 1-0 no minuto 18. Cando parecía que o equipo local comezaba a controlar o partido, unha falta no minuto 34 desde a parte esquerda do ataque eumes  é rexeitada por Kike con apuros e o rexeite aprovéitao un dianteiro visitante para obter o empate (1-1). Con este resultado de empate chegaríase ao descanso.
O segundo tempo foi de claro dominio visitante e así no primeiro minuto xa enviara un balón ao pau e acto seguido un atacante do Eume dispuxo dun remate   en solitario que non foi capaz de aproveitar. Tentouse sacudir o dominio o Numancia e no minuto 48 David Gil ten unha boa ocasión a pase de David López. No minuto 54 unha xogada por banda esquerda dos visitantes acaba nun centro á área local e un atacante eumés solitario consegue rematar en parábola batendo a Kike (1-2). Case sen tempo para reaccionar unha perdida de balón local aprovéitaa o Eume cun tiro afastado que sorprende a Kike deixando o 1-3 no minuto 55. Os locais baixaron aínda máis os brazos e a víctoria que antes se antollaba difícil agora confirmábase como imposible. Un novo roubo de balón no 65 acaba en gol visitante (1-4).  O partido desenrrolouse comodamente para o Eume que nun contrataque no minuto 74 deixa no marcador o 1 a 5 definitivo.
Mal encontro dos de Ares que nunca deron a sensación de estar completamente no partido e que poida que acusasen en exceso as baixas para este encontro.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.