Inicio Noticias Infantís Infantís. G. Mugardos, 0 - Numancia, 6
 
 

Infantís. G. Mugardos, 0 - Numancia, 6

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2009-2010. Galicia de Mugardos, 0 - Numancia, 6. A PedreiraClara víctoria.

En encontro correspondente á 6ª xornada da 2ª Autonómica Infantil, o Numancia gañou con solvencia ao Galicia de Mugardos por 0 tantos a 6. Ao descanso chegouse co marcador de 0-2.

 

17/10/09 A Pedreira (Mugardos)

Numancia: Agustín; Miguelito, Verónica, Darío, José Manuel (40' Tomás); Iván (40' Juan Carlos), Martín, Miguel (40' Brais), Marcelo; Andrés Novoa e Alberto (53' Sergio).

Goleadores: Brais (3), Martín (2) e Iván.

Desde o primeiro minuto viuse que o Numancia estaba con ganas de chegar a porta e antes do primeiro gol dispuxeron de 4 claras ocasións a pés de Iván, Martín e Andrés Novoa por partida dobre. Pero non foi até o minuto 17 cando un corner sacado por Iván chega ao segundo pau e Martín envíao ao fondo das redes locais establecendo o 0-1. No minuto 20 un contra-ataque, iniciado en Martín con envío a Andrés Novoa e pase en profundidade deste a Iván, é culminado por leste cun disparo sobre a saída do porteiro establecendo o 0-2. Desde aí ao descanso só un par de ocasións dignas de mención. Unha para os locais cun tiro afastado que salgue á dereita da meta visitante e outro tiro afastado de Martín que o porteiro local resolve con algún apuro.
O segundo tempo comezou con outra contra onde volve intervir Andrés Novoa, o seu pase en profundidade a Brais finalízao sobre a saída do porteiro logrando o 0-3 no minuto 42. Seguiu atacando o Numancia e no minuto 45 Alberto pon un balón desde a dereita dentro da área, o balón recólleo de costas a porta Brais quen revolviendose entre o defensa e o porteiro conecta un bo disparo que establece o 0-4. O equipo visitante non paraba de atacar e no 48 Marcelo só ante o porteiro tira moi frouxo, o saque do porteiro córtao a media numantina e pon o balón a Brais que se vai só cara a porta, atrae ao porteiro e á defensa e cede o balón a Juan Carlos para que marque gol, pero a xogada é anulada porque Brais na súa impetu porllegar a porta acompaña o balón estando xa en fóra de xogo.
O Galicia trata de buscar sobreporse e no minuto 10 pon en moitos apuros ao porteiro visitante aínda que ao final Agustín acábase facendo co balón. Aos 55 minutos unha entrada por banda esquerda de Marcelo é freada en falta pola defensa rival, a xogada prodúcese dentro da área polo que o colexiado sinala o penalti correspondente. A pena máxima é executada por Brais pero o porteiro local repele o lanzamento, o rexeite envíao Brais por encima do traveseiro.
No minuto 58 Martín saca un corner cara ao pico da área sobre Verónica que pon o balón na área pequena e Brais peitea o balón á rede e establece o 0-5.
No minuto 61 nunha nova internada por banda esquerda, Marcelo plántase dentro da área e cede cara atrás para que Martín, que iniciara a xogada, estableza o 0-6 definitivo.
Bo encontro do Numancia onde se dispuxo de moitas ocasións ante un rival que tentou chegar a porta pero sempre se atopou cunha parella de centrais, (Verónica-Dario) moi seguros.
Lamentar novamente a substitución de Iván por lesión.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.