FASE DE ASCENSO A LIGA GALEGA INFANTIL
O DUMBRÍA CF VISITARÁ PRADOS VELLOS O SÁBADO 18 ÁS 17:30 H.
Con traballo e moita ilusión están a preparar os rapaces infantís de Ángel Mahía e Alberto Iglesias a Fase de Ascenso a Liga Galega. O sorteo do pasado martes día 7 en Santiago dictaminaba que o rival do Numancia sería o Dumbría CF ou o EFM Boiro. Houbo que agardar a eliminatoria previa deste sábado, para ver como os da Costa da Morte pasaban de ronda ante o Órdenes CF e convertíanse en rival do Numancia.
Desta forma, o próximo sábado ás 17:30 en Prados Vellos todos os numantinos temos unha cita na festa do fútbol base que será o partido entre o Numancia e o Dumbría CF con motivo dunha Fase de Ascenso a Liga Galega que o noso club non ten a sorte de xogar todos os anos en algunha categoría.
¡¡¡Ninguén pode faltar este sábado en Prados Vellos¡¡¡
A fin de semana do 25-26 de Maio, os nosos xogarán a eliminatoria de volta na Costa da Morte, no campo de O Conco en Dumbría. E a ben seguro de que non estarán solos, xa estamos xestionando unha bonita viaxe.... Atentos coma sempre as redes sociais do club....
AUPA NUMANCIA