Infantís: Numancia, 2 - Rápido de Neda, 0

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2009-2010. Numancia,2 - Neda, 0. Prados Vellos Ares.Mellor o resultado que o xogo.
Nunha tarde con choiva o Numancia impúxose por dous a cero ao Rápido de Neda en partido correspondente á 5ª xornada do grupo 5º da 2ª Autonómica Infantil. Ao descanso chegouse con empate a cero.

Prados Vellos (Ares)
10/10/09

Numancia: Roberto (Agustín 40'); Aandrés Saavedra, Verónica, Darío, José Manuel; Martín, Miguel, Alberto, Iván (Marcelo 30'); Alejandro (Andrés Novoa 40'), Sergio (Brais 40').

Gardouse un minuto de silencio ao comezo do encontro en memoria de Nito, persoa moi vinculada ao Rápido de Neda, que faleceu esta semana. Desde o Numancia de Ares queremos expresar o noso máis sentido pesame a toda a familia do Rápido de Neda.

O primeiro tempo non foi moi vistoso por ningún dos dous bandos, abusando de pelotazos e quitandose de encima o balón máis que tentar xogalo. Atacou máis o equipo local e podemos mencionar dúas ocasións que saíron preto dos paus a pés de Martín e Miguel. Bo labor defensivo dos visitantes en especial do gardameta aínda que sen moito perigo en ataque. Neste primeiro tempo o Numancia viu como novamente caía lesionado Iván, tendo que ser substituído no minuto 30 por Marcelo.
A segunda metade mellorouse lixeiramente por ambos os bandos e por veces tentábase xogar algo máis o balón. Aos 4 minutos da continuación, unha internada por banda dereita de Marcelo é cortada en falta polo equipo visitante preto do corner. A falta é sacada por Martín e rematada á rede por Miguel establecendo así o 1-0 no minuto 45. O Neda comenzou a saír á contra e a punto estivo de empatar no minuto 57. Pero do que puido ser o empate pasouse ao resultado definitivo de 2-0. Novamente grazas a unha falta, esta vez cometida sobre Brais sobre a banda esquerda preto do pico da área. O saque de Martín é despexado polo porteiro, o rexeite golpéao frouxo Marcelo e o balón sácao a defensa chegando novamente a pés de Martín preto do bordo do Area. O xogador aresano non perdoa e de forte disparo consegue establecer no minuto 60 o 2 a 0 final.
Nesta segunda parte o conxunto local dispuxo de tres claras ocasións, unha sacada na liña polo porteiro visitante a tiro de Martín, outra errada por Marcelo que se planta dentro da área no canto de encarar ao porteiro dispara frouxo de lonxe e a última do partido onde Andrés Novoa remata un saque de esquina con moita intención pero esl balón salgue preto da escuadra.
Conseguiuse gañar pero en xeral o Numancia mostrouse moi precipitado no xogo, posto que algúns xogadores máis que pasar o balón sacábano de encima, abusando un pouco do pelotazo longo pero sen sentido. Tamén se notou por veces falta de concentración e intensidade nalgúns xogadores que estaban despistados na marca e lentos na reacción para chegar aos balóns.
Mencionar tamén a melloría do Rápido de Neda con respecto ao encontro que contra eles se xogou en pretemporada.
Despois de cinco xornadas con tres vitorias e dúas derrotas chegamos terceiros a próxima xornada onde nos enfrontaremos ao Galicia de Mugardos.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.