Infantís. E.F. Racing, 1 - Numancia, 2

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2009-2010. Campo de  Aneiros Ferrol. E.F.Racing, 1 - Numancia, 2Rachouse a xeira negativa cún tiunfo moi traballado.

Nun campo impropio para a práctica do fútbol hoxe en día, o Numancia conseguiu vencer á  Escola de Fútbol do Racing de Ferrol por 1 tanto a 2 en encontro correspondente a 4ª xornada de liga da 2ª autonómica infantil no seu grupo 5º.

 

 

03/10/09 Campo de Aneiros (Ferrol)

Xogaron polo Numancia: Kike (Agustín 5'); Miguel, Verónica, Darío, José Manuel( Tomás 50'); Alberto (Roberto 57'), Martín, Miguelito, Marcelo (Alejandro 50'); Andrés Novoa e Sergio (Juan Carlos 40').

Mal comenzaban as cousas para os nosos, que non se atopaban cómodos nun campo en moi malas condicións, cando ós 5 minutos de partido nun despexe có pe ó borde da área cae lesionado Kike. A sustitución obligada do gardameta desconcentra ó equipo visitante que non e capaz de frear un ataque ferrolán e así un dianteiro local prantase dentro do área no minuto 9 para batir a, un todavía frío, Agustín. (1-0). Dende ahí o primeiro tempo está controlado mellor polos locais que sobre todo teñen unha boa oportunidade no minuto 15 ben resolta por Agustín, con todo o Numancia se vai refacendo e amosando unha cara moi distinta a partidos anteriores. O empuxe e pelexa visitante case obten premio no minuto 31 cunha ocasión que Sergio non e quen de materializar. Chégase ó descanso cá ventaxa local pero a sensación de que os aresáns poden obter algo positivo.

O segundo tempo ten máis empuxe visitante e o perigo ronda local. Sería no minuto 12 cando nun roubo de balón Martín tenta sorprender ó gardameta dende o pico esquerdo do área, o disparo sáelle frouxo e o porteiro local nun erro lamentable deixa pasar o balón pensando que sairá fora. (1-1). O gol da folgos ós aresans que seguen a atacar e melloran defensivamente. No minuto 17 unha xogada por banda esquerda de Andrés Novoa remata en falta sobre este xogador. A falta a executa Martín acadando o 1-2 definitivo. Dende ahí ata o remate do encontro o Numancia ben plantado, con moitas ganas e pelexando todos os balóns non só consigue manter o resultado se non que e capaz de crear ocasión de perigro, salientando un disparo de Martín moi ben colocado que saca cunha espectacular parada o portiero local.

Meritorio partido o disputado hoxe nun campo de pó, donde ó disputar o balón se formaba unha nube que impedía ver por veces ata ós xogadores. Mérito dos equipos que sempre tentaron xogar.

Lamentar a lesión de Kike, parece que ten un esguince no seu nocello dereito e desexarlle unha pronta recuperación o mesmo que ós mancados de xorandas anteriores Iván e Andrés Saavedra.

Salientar o debut de Roberto como dianteiro, moi traballador  i en xeral as gañas de triunfo que puxo todo o equipo apoiado pola nosa  afición moi participativa en todo o encontro.

En resumo un bo triunfo que non pode cegarnos porque segue habendo erros, e aninda temos que mellorar moitas cousas, pero poñendo as gañas e a entrega como fixeron hoxe temos moito camiño recorrido.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.