Infantís: Numancia,0 - Cariño 2

S.D.R. Numancia de Ares. 2009-2010. Infantiles. Prados Vellos. Liga. Numancia 0 - Cariño 2Xusta derrota dos infantís nun pésimo encontro.

En encontro correspondente a 2ª xornada de liga da 2ª autonómica infantil, grupo 5, o Cariño venceu por 2 a 0 ó Numancia en Prados Vellos (Ares). A choiva acompañou durante voa parte do encontro

Prados Vellos. 19/09/09

Numancia: Roberto (Agustín 40'); Miguelito, Verónica, Miguel ( Tomás 26'), Darío; Iván, Alberto (José Manuel 60'), Martín, Marcelo; Brais (Ángel 40'), Andrés Novoa (Alejandro 61').

Mal partido dos locais que se mostraron moi lentos e imprecisos durante todo o encontro, especialmente no primeiro tempo. Axiña quedou claro que hoxe non era o día dos de Ares, así nun corner a favor no minuto 4 se produce unha xogada a contra que casi remata en gol. Un minuto despois o árbitro sinala un penalti contra o Numancia por máns de Verónica, o castigo foi inxusto porque as másn foron involuntarias. Ainda así, o nº 8 do Cariño enviou o  balón fora.

Pero no minuto 7 un novo contra-ataque do conxunto visitante pon de manifesto a lentitude da zaga local e o nº 10 Breijo plantaase só ante Roberto ó que bate establecendo o 0-1.

No minuto 9 á saida dun corner vese que non e o día do Numan, pois o balón pasa por diante de todos ata chegar novamante a Breijo que marca o 0-2.

Un novo contraataque no minuto 13 casi pon o terceiro gol noc asilleiro local, pero esta vez Roberto aguanta ben na súa saída e despexa a saque de esquiña.

Con o resultado de 0 - 2  chegouse ó descanso, e na segunda parte o Cariño controlou o partido, deixando xogar ós aresánas que foron un "querer en non poder" posto que cando non erraban no pase, erraban na recepción e cando chegaban perto da área ou tiraban desviado ou con escaso perigo para o meta visitante.

Mellorouse en defensa e a boa labor defensiva de Verónica e Agustín que acertou en un par de saídas evitaron un resultado máis abultado.

Por si fora pouco, no minuto 68, xa con os cambios feitos, mancouse Iván e os locais ramataron o encontro en inferioridade numérica.

En resumen, un equipo ben plantado, o Cariño, e outro que non tivo o seu mellor día, o Numancia.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.