Inicio Noticias Infantís INFANTÍS: NUMANCIA, 9 - G. MUGARDOS, 0
 
 

INFANTÍS: NUMANCIA, 9 - G. MUGARDOS, 0

TONI: “OS QUE VEÑEN ATRÁS EMPURRAN FORTE”

 

Vitoria dos infantís no V Trofeo “Vila de Ares”.

 


Ares, 25 de agosto de 2016.

Disputouse onte en Prados Vellos unha nova edición do torneo “Vila de Ares” de categoría infantil entre o Galicia de Mugardos e o Numancia. Boa asistencia de público nunha tarde de agosto cunha temperatura agradable e presenza do concelleiro aresán José Juan Vilar que efectuou a entrega dos trofeos ao final do partido.

ALIÑACIÓN:

NUMANCIA: Hugo, Diego, Aarón, Iván, Marcos Margharetto, Marcos Rey, Miguel Leira, Telmo, Maodo, Aketx e Áxel. Tamén xogaron Miguel Iglesias, Raúl, Óscar, Hugo, Isma, Lucas e Habte.

ADESTRADOR: Paulo González.

DELEGADO: Antonio González.

COMENTARIO: Reproducimos o comentario de Toni:

“Comezaba a temporada para o Numancia infantil coa axuda de 5 alevíns, catro deles de primeiro ano. Os aresáns trataron ben o balón e eran quen de entrar polas bandas eo centro, moi serios en defensa e intentando levar a cabo o que se adestra pola semana.

O Mugardos presentouse con rapaces de primeiro ano e intentaron contrarrestrar o xogo do Numancia poñendo moita vontade.

A destacar o gol de Aarón dende fóra da área, cun forte disparo que entrou por toda a escadra.

En conclusión, un partido de probaturas con cambios de posición en varios nenos, e ensaio de xogadas de estratexia.

O obxectivo a conseguir é que os nenos sigan nesta liña de traballo, adestrando con ilusión e que compitan en todos os partidos coma onte.”


 ADR Numancia de Ares. Infantiles 2017-2018. 24/08/2017. Prados Vellos V Trofeo Vila de Ares. Numancia, 9 - Galicia de Mugardos, 0

ADR Numancia de Ares. Infantiles 2017-2018. 24/08/2017. Prados Vellos V Trofeo Vila de Ares. Numancia, 9 - Galicia de Mugardos, 0  ADR Numancia de Ares. Infantiles 2017-2018. 24/08/2017. Prados Vellos V Trofeo Vila de Ares. Numancia, 9 - Galicia de Mugardos, 0

ADR Numancia de Ares. Infantiles 2017-2018. 24/08/2017. Prados Vellos V Trofeo Vila de Ares. Numancia, 9 - Galicia de Mugardos, 0

ADR Numancia de Ares. Infantiles 2017-2018. 24/08/2017. Prados Vellos V Trofeo Vila de Ares. Numancia, 9 - Galicia de Mugardos, 0

 Galería de imaxes do V Trofeo Concello de Ares 2017 Categoría Infantil

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.