Infantís: Numancia, 10 - Amistade Meirás, 2

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2009-2010. Categoría Infantil. Primera jornada de liga. Numancia, 10 - Amistade Meirás 2. Prados Vellos Ares.Unha ducia de Goles en Prados Vellos.

Gran inicio na liga do equipo infantil do Numancia que conseguiu derrotar por 10 a 2 ó equipo do Amistade de Meirás. Ó descanso chegouse con ventaxe local de 6-2.

 

12/09/09

O encontro correspondente á primeira xornada ligueira tiña que disputarse en Valdoviño, pero xogouse en Prados Vellos a petición do Amistade de Meirás que ten o seu campo, Atios,  en obras.

Xogaron polo Numancia de Ares: Kike (Roberto, 41'); Andrés Saavedra (Jose Manuel, 41'), Darío, Verónica, Miguel ( Tomás, 54'); Ángel ( Sergio, 41'), Iván, Martín, Marcelo; Brais (Alejandro, 52') e Andrés Novoa.

Goles: Martín (4), Brais (2), Andrés Novoa (2), Ángel, Iván

1-0: min. 6. Martín pasa a Iván que se interna no área e bate de forte disparo ó porteiro visitante.

2-0: min 11. Pase en globo de Iván a Brais dentro do área que este resolve con outo tiro en parábola que supera a saída do porteiro do Amistade.

2-1: min 12. Sen tempo para as celebracións, unha internada por banda esquerda dun xogador do Amistade sorprende á defensa e se pranta diante de Kike ó que bate de tiro cruzado.

3-1: min 18. Parede na banda esquerda entre Marcelo, Darío e novamente Marcelo que gaña a liá de fondo dando un pase hacia atrás para que Martín estrele o balón no longueiro, Brais moi atento finaliza a xogada empurrando o balón ó fondo da rede visitante.

3-2: min 20. Nova internada dos visitantes ahora polo centro, disparo que se envenena diante de Kike que non pode facerse có balón e evitar o tanto dos de Valdoviño.

4-2:min 27. Corner botado dende a esquerda do ataque do Numancia que remata Brais, o rexeite do porteiro cae a pes de Ángel que non perdoa.

5-2 min 31. Contraataque ben executado do Numancia con parede entre Andrés Novoa e Brais que devolve para Andrés salvando a saída do porteiro e subindo un novo tanto ó marcador.

6-2: min 38. Centro de Martín dende a dereita que pelexa dentro do área Marcelo, estando de costas a porta sirve o balón para Andrés Novoa que finaliza a xogada co segundo tanto na súa conta particular.

7-2: min 42. Martín recolle un balón no borde do área, regatea e coloca o balón na escadra donde o porteiro visitante nada pode facer por detelo.

8-2: min 56. Centro dende a dereita de Iván que Martín non desaproveita para seguir sumando na súa conta particular.

9-2: min 62. Para os que non viran o 7-2 este foi igual pero na outra escadra. Martín suma e sigue.

10-2: min 77. Saída dende campo propio de Martín que se planta en campo contrario e dende tres cuartos de campo eleva na saída desesperada do porteiro para deixar o 10-2 definitivo e sumar o seu  4º tanto particular.

O encontro foi moi entretido sobre todo na primeira parte donde o Amistade presentou máis batalla. Sorprendeu positivamente a actitude do equipo aresán que chegou con perigo en moitas ocasións. Quizás tamén se esperaba máis do Amistade de Meirás que no torneo de Maniños lle puxera as cousas difíciles ós nosos a pesares de caer derrotados por 3 a 1.

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.