Inicio Noticias Infantís Infantís: Neda, 1 - Numancia, 5.
 
 

Infantís: Neda, 1 - Numancia, 5.

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2009-2010. Categoría Infantil. Amistoso. Neda. Rápido de Neda, 1 - Numancia de Ares, 5A pesar das baixas se sigue progresando.

A víctoria en Neda cún equipo no que tiveron que xogar dous alevíns confirma a melloría no xogo do equipo infantil do Numancia.

 

Neda. 5/09/09

 

Alineación: Roberto; Tomás. Verónica, Alberto, José Manuel; Martín, Andrés Novoa, Ángel, Marcelo; Alejandro y Juan Carlos. Tamén xogaron Sergio Rodríguez, Segio Rico e Carlos.

O peso do encontro o levou en todo momento o equipo de Ares que dispuxo de moitas oportunidades para anotar, pero os erros por un lado e os acertos do porteiro do Neda por outro fixeron que no se conseguiran máis goles.

A pesar do dominio o Neda tamén amosou perigo á contra e puxo en máis dun apreto á defensa do Numancia.

O equipo numantino, dirixido neste encontro por Eloy e Ruben Allegue,  non acusou as "baixas" e despelgou un xogo aceptable donde os alevíns Carlos e Sergio Rico non desentonaron e realizaron unha moi boa labor.

Goles:

0-1. min 17: Martín saca unha falta pola banda dereita do ataque aresán e os rexeite do porteiro local e aproveitado dentro do area pequena polo alevín Carlos, que acababa de entrar en xogo, para anotar o primeriro tanto.

0-2. min 27: Excelente xogada por banda dereita de Ángel que arrancando dende o medio campo  plantase no área local y cae o chan nun forcexeo cun defensa. O árbitro indica penalti, pode que algo riguroso,  que Martín materializa no segundo tanto.

1-2. min 35. Falta lixeiramente escorada a esquerda do ataque do Neda e a unos 2 metros da media lua que o xogador do neda executa con forza botando o balón diante de Roberto que non o consigue atallar.

Remata o primeiro tempo con 1 a 2 e ocasións claras para os visitantes como un balón que da no longueiro a saque de falta de Martín no minuto 33 e un par de boas intervencións do meta local.

1-3. min. 7. Internada  pola esquerda de Marcelo ata a liña de fondo para dar un pase hacia atrás, o pase o desvía un defensa local ó fondo da rede establecendo o 1 a 3.

1-4. min. 31. Martín sirve un balón sobre a entrada de Sergio Rodríguez rompendo a liña defensiva do Neda. Sergio adentrase no área e un defensa local que ven en carreira dende atrás tenta o despexe pero Sergio consegue levar o balón ó fondo da meta

1-5. min 39. Penalti cometido sobre Verónica que subira a rematar un "corner". Esta vez  encárgase  de materializalo Ángel.

Na segunda parte o Numancia dispuxo de ocasión moi claras. Sobre todo un balón que martín coloca na escadra dereita da meta local e o porteiro voa para sacar o balón a "corner". Tamén un penalti no minuto 25 sobre unha internada de Sergio Rico que Veronica executa con pouca forza e deten o porteiro local.

En resumo, partido movido con tres penaltis, un gol en propia porta, moitas ocasións erradas e sobre todo moitas gañas por ambos bandos. Este era o penúltimo ensaio posto que o vindeiro martes ás 19:30 xogarase o último amigable no campo de Piñeiros en Narón frente o equipo propietario do terreo de xogo.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.