Inicio Noticias Infantís Infantís: Numancia, 3 - Eume 2
 
 

Infantís: Numancia, 3 - Eume 2

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2009-2010. Categoría Infantil. Prados Vellos. Amistoso. Numancia, 3 - Eume, 2Entretido e disputado encontro o que se puido gozar en Prados Vellos entre en Numancia e o Eume no que ao final os aresanos impuxéronse por un tanteo de 3 a 2.

02/09/09 Prados Vellos. Ares

Encontro dirixido por Jorge Martínez.

Numancia: Kike; Andrés Saavedra, Miguel, VErónica, Darío; Miguelito, Marcelo, Alberto, Martín; Brais e Andrés Novoa. Tamén interviron: José Manuel, Ángel, Sergio, Juan Carlos, Tomás e Alejandro.

Eume: Jaime; Cristian,Diego, Jesús, Javi, Alex, Fran, Quique, Fachal, Antonio e Couce. Tamén xogaron: Álvaro, Marcos, Borja, Dani, Sergio, Pablo e Chema.

Houbo un tempo para cada equipo. Na primeira metade a superioridade do Numancia foi manifesta e púidose ir ao vestuario cun parcial de 2 - 0, e no que só a falta de acerta dos seus dianteiros propicio que o tanteo non fose maior. O Eume só chegaría á meta aresana en dúas ocasións. Pola contra na segunda metade o primeiro cuarto estivo máis igualado, pero o cansazo dos aresanos e o seu descolocación no campo, ao que hai que engadir o xogo revulsivo de Fachal e Dani, propicio que os eumeses fosen superiores aos aresanos, que en escasa ocasións acosaron a meta eumesa.
Cabe destacar o xogo limpo e deportivo por parte de ambos os dous conxuntos e no que o árbitro apenas tivo traballo.

O primeiro gol para os aresanos chegaría aos cinco minutos de xogo, nunha xogada desafortunada para os eumeses. Andrés Novoa colga un balón no área pequena, unha falta de entendemento entre o gardameta e o defensa termina co balón no fondo das redes introducido por este último.

No minuto 16 tense que retirar do terreo de xogo Miguel e no 21 Andrés saavedra, ambos do Numancia, con molestias musculares.

Non sería ata o minuto 18, en que o Eume aproximaríase por primeira vez con perigo a área aresana, Quique que mete un pase en profundidade sobre Fachal e o gardamete aresano detén prácticamente nos seus pés dunha espectacular parada.

No minuto 34, chegaría o 2 - 0 para o Numancia, Miguelito desde a banda colga un balón sobre o área eumesa, Sergio nun man a man co gardameta consegue rematar de cabeza e enviar o esférico ao fondo das mallas.

No minuto 38 puido chegar un novo gol para os numantinos, xogada individual de Marcelo pola banda, penétrase no área e centra sobre Andrés Novoa que de forte disparo estrela o balón no longueiro.

Nada máis comezar a segunda metade chegaría o 3 - 0 para o Numancia, nesta ocasión de penalti. Brais sofre un agarrón no área e o árbitro non dubida en sinalar a pena máxima que é materializada por Martín.

No minuto 69, o gardameta local, que foi un dos mellores xogadores do encontro, efectúa unha espectacular parada a un tiro de Dani.

Corría o minuto 71, o bote dunha falta no pico do área propiciaría o primeiro gol para os eumeses. Kike detén pero non acerta a blocar o balón, Dani máis rápido que os defensas aresanos aproveita o rexeite e envía o balón ao fondo das mallas.

O 3 - 2 definitivo chegaría no minuto 73, Couce saca maxistralmente unha falta no bordo do área que supera a barreira e bate a Kike por alto.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.