Inicio Noticias Infantís INFANTIS. AMISTADE MEIRAS “B”, 0 – NUMANCIA, 6.
 
 

INFANTIS. AMISTADE MEIRAS “B”, 0 – NUMANCIA, 6.

VITORIA CÓMODA

Partido correspondente á séptima xornada da 1ª Fase da 1ª Autonómica Infantil, Grupo A. Desputado na tarde do venres 6 de novembro no campo Municipal de Atios, en Valdoviño,  ás 17.45h. Ao descanso o resultado era de 0 a 2 favorable ao Numancia, ao final do mesmo, 0 a 6.


FICHA TÉCNICA

AMISTADE MEIRAS “B”: Iker (C), Gabriel, David Veiga (David Martín), Fabio, Daniel, Yago, Ariadna (Fernando), Sergio, Pablo, Marco (Rubén), Izan.

CORPO TÉCNICO: Rubén Neira Fernández.

NUMANCIA DE ARES: Nacho (Emilio), Naim (Telmo), Borja, Mario (C), Raúl (Martina), Martín, Migui, Pablo Cartelle, Alberto (Chechu), Jaime (David) e Óscar.

CORPO TÉCNICO: Tony e Paulo.

COLEXIADO: Jacobo Beceiro Leboso, amosou cartóns amarelos a Fabio polos locais e a Migui polo Numancia.

GOLES

0 – 1: (min. 24), Migui.

0 – 2: (min. 33), Pablo Cartelle.

0 – 3: (min. 52), Migui.

0 – 4: (min. 66), Migui.

0 – 5: (min. 78), Óscar.

0 – 6: (min. 80), Pablo Cartelle.

COMENTARIO

Partido moi solvente dos nosos rapaces o desputado a tarde do venres en Valdoviño no campo de Atios, cun encontro moi traballado nos primeiros 20 minutos, onde os nosos xogadores tiveron que acostumarse ás dificultades do campo local cunhas dimensións menores ás que están acostumados.
Comezaba o partido con certas dúbidas na defensa numantina, xa que o dianteiro local estaba a poñerlle as marcas moi complicadas a Borja e Mario. Tivo ocasións o Amistade ás costas da nosa defensa pero non chegaron a finalizar grazas ó gran papel de Nacho na primeira metade do xogo. En ataque o noso dianteiro Óscar vai collendo galóns e xa enlaza varios partidos con gran participación en fase ofensiva. Migui coas súas chegadas e o traballo de Pablo, Martín e os dous interiores, creaban superioridade en ataque, e chegarían os goles. Nun balón que supera á defensa do Amistade, Migui encara a Iker e o supera de vaselina e máis tarde Pablo nun acto de fé queda nun man a man diante do gardarredes local e o supera por baixo, cunha pizca de sorte xa que o balón entra despois dun lixeiro toque do porteiro. Despois do descanso, con forzas renovadas, o Amistade saía máis concentrado, pero sen ocasións, e Migui aproveitaba outros dous balóns para facer dous tantos máis na súa conta particular superando de novo por arriba a Iker logo dunha falta posta por Borja e posteriormente por abaixo e con incertidume. Os últimos 20 minutos serviron para ver un gran traballo dos rapaces que hoxe partiron do banquiño e para ver dous goles máis. O quinto un golazo despois dunha xogada individual de Óscar finalizada por él mesmo anotando por arriba. O derradeiro tanto de Pablo Cartelle, o seu segundo, tras un córner botado por Migui. Bo partido de tódolos rapaces para coller folgos de cara ós dous partidos que veñen contra os dous primeiros clasificados. Esperamos o voso alento no Val a vindeira semana para apoiar aos rapaces. FORZA NUMAN!!!

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.