INFANTIS: EFR FERROL, 2 – NUMANCIA, 3.

CHEGOU A VITORIA

Partido correspondente á 5ª xornada da 1ª Fase da 1ª Autonómica Infantil, Grupo A. Desputado na tarde do venres 23 de outubro no campo da Gándara 1 ás 17.30h. Ó resultado ao descanso era de 0 a 3 favorable ao Numancia de Ares. Ao final, 2 a 3.

 


FICHA TÉCNICA

E.F. RACING FERROL: Jesús, Diego (Luís), Manuel, Adrián (C), Alessandro, Antón (Gabriel), Roi (Xoel), Hugo (Alberto Ramallo), Alejandro, Alberto Crespo, Aarón (Emilio).

CORPO TÉCNICO: Miguel Martin Rodríguez

NUMANCIA DE ARES: Nacho (Emilio), Naim (Chechu), Borja, Mario (C), Raúl (Martina), Martín, Pablo, Alberto (Telmo), Migui, Jaime e Óscar.

CORPO TËCNICO: Tony e Paulo.

COLEXIADO: Miguel Piñón López que levou o partido sen ningunha incidencia.

GOLES

0 – 1: (min 4): Migui.

0 – 2: (min. 15) Óscar.

0 – 3: (min. 27) Martín.

1 – 3: (min. 44) Luís.

2 – 3: (min. 72) Gabriel.

COMENTARIO
Numancia de Ares.
Rematou o partido coa primeira e ansiada vitoria para os numantinos que tanto a estaban a merecer. A primeira metade foi digna de eloxio, cun Numancia moi metido no encontro e sempre tratando de facer as cousas ben, tanto na medular coma nas bandas. O equipo aresán saia con intensidade nos  primeiros minutos e pese a que nestes predominaba a disputa moi cedo aproveitaba Migui un erro local para establecer o 0 a 1 no minuto 4 de partido, quen batía ao porteiro logo dunha intervención de mérito. Os visitantes víñanse arriba mentres aos locais sucedíalle todo o contrario. O equipo facíase dono do balón e tamén dos rexeites en medio campo, con Martín e Pablo moi activos e Migui moi ben na presión. Sacábase o balón xogado cunha defensa que non pasaba excesivos apuros pero a Escola Ferrolá tiña tamén as súas opción de meterse no partido. Non foi así e logo dunha magnífica xogada na que interviú case que todo o equipo e rematou Óscar por riba do gardarredes ferrolán “de primeiras”. Raúl foi o encargado do centro ao recibir un pase de Jaime. Seguía a chegar tímidamente o Racing pero a sorte hoxe estaba de cara e Martín anotaba un fermoso tanto dende fóra da área. Chegábase ao tempo de descanso cunha primeira parte case perfecta dos nosos.

Na segunda parte a actitude dos locais mudou e comezaron a crear moito perigo na área xa defendida por Emilio, con boas xogadas por banda case sempre finalizadas polo seu gran xogador Alberto Crespo. Á saída dun córner e trala indecisión dos defensas Luis acurtaba distancia no marcador pero hoxe o Numancia estaba moi ben colocado sobre o verde e creaba moito perigo coa saída de balón por medio dos extremos e con Óscar e Migui moi combinativos. O partido voltaba a ser moi disputado e o Racing comezou a gañar moitos balóns no medio que se convertían en ocasións pero o partido afrontaba a recta final. Antes deste a defensa cometía un erro despois dun alto rendimento que significaba ó 2 - 3 polo que ao final do encontró o Numancia sufriu para levarse esta vitoria pola mínima.

En resumo, moi bo encontro dos infantís en Ferrol  que se transformou na primeira vitoria da temporada diante de moitos espectadores desprazados dende Ares. Coma sempre un público de dez. Ogallá a vindeira semana se repita a imaxe mostrada este venres e a podamos adicar á afección. Vémonos en Prados Vellos e Forza NUMAN!!!

O próximo fin de semana os cadetes do Numancia recibirán en Prados Vellos a visita do Rápido de Neda.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.