INFANTIS. NUMANCIA, 2 – PERLIO, 3.
VOLTA Á NORMALIDADE
Partido correspondente á 4ª xornada da 1ª Fase da 1ª Autonómica Infantil, Grupo A. Desputado na mañá do sábado 17 ás 10:20 h. no campo municipal de Prados Vellos. O resultado ao descanso era de 2 - 3, o mesmo que ao final dos oitenta minutos.
FICHA TÉCNICA
NUMANCIA: Nacho (Emilio), Telmo (Naim), Borja, Mario (C), Raúl (Martina), Martín, Migui, Pablo Cartelle, Chechu, Jaime e Óscar (David).
Corpo Técnico: Paulo González e José Antonio Martínez.
C.C.R.Y D. DE PERLÍO: Bruno, Pablo Pita, David, Diego, Roberto, Raúl, Diego Crespo (Anxo), Aarón, Manuel (C), Jose (Sergio), Javier (Miguel).
Corpo Técnico: Xabier Riobo e Marcos Freire.
COLEXIADO: Christian Pérez Tejerina. Sen incidencias.
GOLES
0 - 1 (min 3): Pase en profundidade por parte do media punta do Perlío que recolle Diego Crespo en aparente fóra de xogo e supera a Nacho. O balón entra lentamente na portería e a piques está Borja de despexar.
0 – 2 (min 12): Sombreiro de Manuel Romeo a Borja dentro da área e bate polo pau curto a Nacho, quen chega a tocar o balón.
1 - 2 (min 17): Gol de Martín nun saque de córner aproveitando unha indecisión na área do porteiro.
1 - 3 (min 29): Manuel Romeo volve a superar a Borja, esta vez en velocidade e logo de superar tamén a Nacho, marca a pracer.
2 - 3 (min 35): Rexeite na frontal da área que recolle Migui e engancha o balón sen caer e clavao na escuadra. O gol da tarde.
COMENTARIO
Voltou o Numancia á imaxe que nos tiña acostumados pero seguiu sen ter a fortuna de cara.
De novo o rival adiantouse nos primeiros minutos de xogo e xa no minuto 12 o equipo aresán perdía por 0 a 2. Repetíronse erros vistos a semana anterior en defensa e as cousas non iban como desexábamos. Sen embargo en ataque estábanse a facer as cousas ben e o gol de Martín no minuto 17 logo dun córner serviu ao equipo para desquitarse da cantidade de goles encaixados nestes derradeiros partidos, e o equipo veuse arriba. A dinámica cambiou e o balón comezaba a rodar ó noso favor. A pesar diso ata o descanso cometéronse erros e o Perlío non perdoaba o máis mínimo. Co resultado de 1 - 3 parecía difícil a remontada pero antes do descanso Migui facía o gol da tarde cunha volea perfecta ante o que nada puido facer Bruno.
Á saída dos vestiarios para afrontar a segunda metade o equipo saíu máis asentado e voltou á súa mellor versión facendo destes 40 minutos un tempo dominado polo equipo local. Aínda así o Perlío non renunciaba ao ataque e facía moito perigo á contra co seu esbelto dianteiro Manuel e o seu rápido extremo Diego Crespo, mesmo Martina salva un gol na mesma liña de meta. Pero a actitude era a correcta, o equipo deu o resto en defensa e as cousas saían en campo rival, sempre coa saída de balón dende atrás. Chegaban as ocasións claras nos últimos vinte minutos, pero a sorte non estaba de cara unha vez máis. Mario e Migui non atinaban en sendas faltas na frontal e mesmo Migui á saída dun córner a piques está de meter o “gol olímpico”. Nos derradeiros instantes, Jaime e Migui de novo mandaban o balón alto diante do gardarredes visitante.
En resumo, paso adiante dos nosos infantís que sacaron o xenio e xogaron a tope, soamente deste xeito as cousas comezaron a saír e voltaron a competir. Parabéns aos nosos xogadores e grazas á afección que xamáis falla. O sábado que ven vémonos de novo na Gándara-1 nun partido dificilísimo contra a Escola do Racing de Ferrol que será desputado ás 16:30 h. se non hai cambios. AUPA NUMAN!!!
Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.