Inicio Noticias Infantís Infantís: Torneo de Maniños. Numancia, 1 - Galicia de Mugardos, 1
 
 

Infantís: Torneo de Maniños. Numancia, 1 - Galicia de Mugardos, 1

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2009-2010. Torneo de Maniños. O Pote. Final. Numancia 1, Galcia de Mugardos, 1. Campeón G. Mugardos por penaltis.O equipo infantil non foi capaz de acadar o Campeonato do Torneo de Maniños ó caer ante o Galicia de Mugardos na tanda de penaltis.

O primeiro posto foi para os de Mugardos, o segundo para os de Ares , terceiros foi o Amistade Meirás e cuarto clasificado o equipo organizador do torneo, Maniños.

 

O Numancia non foi quen de gañar nos oitenta minutos da final ó conxunto do Galicia de Mugardos e  rematou perdendo a final dende o punto de penalti.

Arbitrou o encontro Sergio e os equipos presentaron as seguintes alineacións:

Polo Galicia de Mugardos xogaron: Alex; Gabriel, Pedro, Mario, Sergio; Jose, Pablo, Javi, Pablo Cartelle, Alex y Javi. Tamén interviron ó longo do encontro Dani, Antón, Jorge, Brais, Jorge, Jaime, Martín e Alexis.

O Numancia alineou de saída a: Agustín; Tomás, Verónica, Miguelito, José Manuel; Sergio, Miguel,AlbBerto, Marcelo; Brais e Ángel. No segundo tempo sairian: Kike; Andrés Saavedra, Verónica, Miguelito, Darío; Andrés Novoa, Alberto, Miguel, Marcelo; Brais e Alejandro.

Comenzou o encontro con una boa xogada do Galcia de Mugardos que Agustín desviou con dificultade o longueiro. Despois do susto inicial o Numancia comenzou a xogar mellor e dominar o encontro. No minuto 16, alberto entra polo pico dereito da área e da un pase a Miguel que dende a media lua conecta un forte disparo establecendo o 1-0 có que remataría a primeira metade.

O dominio do Numancia na primeira parte foi moi claro con varias xogadas que remataron en saques de esquiña dos que nunca foi capaz de sacar proveito.

A segunda parte parecía que iba ser igual ca primeira polo xogo inicial dos de Ares, pero pouco a pouco o Numancia foi cedendo terreo e o Galicia de Mugardos pasou a dominar e crear ocasións de perigo. Inda así algún ataque aillado dos de Ares puido rematar en gol, coma unha ocasión no minuto 12 no que Brais esta a piques de chegar a un balón centrado por Andrés Novoa dende a dereita, pero a xogada remataría con un choque fortuito entre o dianteiro aresán e Dani o meta mugardés que acabaría retirandose lesionado.

Os últimos 10 minutos foron de dominio abafante do Galicia que chegaba moito pero non acadaba premio á sua constancia. Cando parecía que todo remataría con unha víctoria numantina chegaría o empate. No minuto 39 Alexis remata á saida dun corner e forza o empate a un có que remataría o encontro.

Na lotería dos penaltis o Galicia foi maís efectivo co Numancia e acadou a víctoria. Os metas de ambos equipos estiveron acertados e así Alex do Galicia detivo 3 penantis mentras que Kike do Numancia atallou 2 balóns.

Marcelo (Numancia) Erro (0-0)

Mario (Galicia) Gol (0-1)

Alberto (Numancia) Erro (0-1)

Jose (Galicia) Gol (0-2)

Verónica (Numancia) Gol (1-2)

Jaime (Galicia) Erro (1-2)

Miguel (Numancia) Gol (2-2)

Javi (Galicia) Gol (2-3)

Miguelito (Numancia) Gol (3-3)

Martín (Galicia) Erro (3-3)

Andrés Novoa (Numancia) Erro (3-3)

Alexis (Galicia) Gol (3-4)

Ó remate ledicia mugardesa e decepción aresán, entrega de trofeos e fotografía para o recordo dos dous planteis xuntos dando exemplo de deportividade.

En resumo xusto vencedor o Galicia de Mugardos ante un Numancia que foi de maís a menos e notou en exceso a ausencia de xogadores como Martín e Iván. Noraboa o Galicia e moito ánimo para os nosos, que teñen que aproveitar esta derrota para mellorar e seguir medrando coma equipo.

Agradecer tamén a invitación do Maniños, así como felicitalos pola organización do torneo e agradecerlles o trato dispensado.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.