Infantís: Torneo de Maniños. Amistade-Meirás, 1 - Numancia, 3

S.D.R. Numancia de Ares. Torneo de Maniños. Temporada 2009-2010. Infantiles. Amistade de Meirás, 1 - Numancia de Ares, 3.Os infantís se clasifican para a final do torneo de Maniños ó vencer por 3 tantos a 1 ó conxunto do Amistade-Meirás. No descanso o resultado era de empate a un tanto.

A final xogarase este sábado 29 ás 19:30 e o rival será o Galicia de Mugardos que venceu por 5 tantos a 1 ó anfitrión Maniños.

O encontro foi dirixido por Ricardo Magalhanes e os equipos presentaron as seguintes alineacións:

Polo Amistade-Meirás: Pedro; Jaime, Breijo, Iago, Oscar; Jesús, Manu, Darío, David; Diego,  e Crisi. Na segunda metade tamén xogaron Alex e Julián.

Polo Numancia inicialmente xogaron: Kike; Tomás, Verónica, Miguel, José Manuel; Sergio, Martín, Iván; Marcelo; Ángel e Alejandro. Na segunda metade o equipo aresán xogou con: Agustín; Andrés Saavedra, Miguel, Miguelito, Darío, Iván, Martín, Alberto; Marcelo; Andrés Novoa e Brais.

O primeiro tempo foi  de mellor xogo dos de Valdoviño con un Numancia moi adormilado e con erros de colocación e marcaxe. Con todo serían os de Ares os que se adiantarían no marcador grazas a un balón que recolle no borde do área Martín e despois de acomodalo dispara establecendo no minuto nove o 0-1. Os achegamentos á meta defendida por Kike farían que no minuto 19 unha internada pola banda dereita do Amistade finalize nun centro con erros encadenados nos numantinos que aproveita David para establecer o empate a un có que rematarían os primeiros corenta minutos. As oportunidades no primeiro tempo correron por conta dos de Meirás inda que a maís clara foi un balón que Marcelo non foi quen de empuxar ó fondo da rede cando tiña todo ó seu favor.

A segunda metade cambiou radicalmente, sairon maís centrados os xogadores aresáns e así ós 3 minutos da reanudación Alberto recupera un balón no centro do campo e da un bo pase a Brais que mete en profundidade o balón para a carreira pola banda esquerda de Marcelo que encara ó porteiro e o bate por baixo na súa saída.(1-2).

Sigue a melloría de xogo no Numancia e Brais dispón de un par de oportunidades que saen o rentes do pau. No minuto 24 unha moi boa xogada de Iván pola banda dereita a finaliza cun pase medido para Brais que marca, pero o arbitro anula o tanto por estimar que o dianteiro numantino está en fora de xogo.

Sería no 34 cando Martín nunha internada tamén pola dereita a base de forza leva o balón dende o centro do campo ata o borde da área pequena e dispara con forza, o balón sae rexeitado e Brais moi oportunista obtén premio a todo o bo traballo realizado en ataque establecendo o 1-3 definitivo.

Neste segundo tempo a ocasión maís clara do Amistade -Meirás foi a balón parado nunha boa execución dunha falta ó borde da área por parte de Brejo e que Agustín desviou o suficiente para que o balón dera no longueiro e saíse rexeitado.

En resumo, terceira proba de pretempada dos infantís donde a pesar dos erros do primeiro tempo parece que se progresa. E na  final,  novo enfrontamento có Galicia de Mugardos que tamén parece que mellorou moito dende o último encontro no trofeo Mara en Prados Vellos.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.