Inicio Noticias Infantís INFANTIS. CARIÑO, 8 - NUMANCIA, 0.
 
 

INFANTIS. CARIÑO, 8 - NUMANCIA, 0.

MALA IMAXE EN CARIÑO

Partido correspondente á terceira xornada da 1ª Fase da 1ª Autonómica Infantil, Grupo A. Xogado na mañá do sábado 10 de outubro ás 11h no Municipal de Cariño que rexistrou unha boa entrada. O resultado ao descanso era de 2 - 0 favorable aos locais. Ao final do mesmo, 8 - 0.

 


FICHA TÉCNICA

CD CARIÑO: Carlos, Cristian (Pablo López), Marcos, Pablo Galceran, Eric, Pablo Novo, Alejandro, Mario Prieto, Mario López (David), Pablo Naranjo e Sergio (Diego).

Delegado: Alejandro Docal Riola.

NUMANCIA ADR: Emilio (Nacho), Chechu (Martina), Borja, Mario, David (Telmo), Martín, Migui, Pablo, Alberto (Naim), Jaime e Raúl (Óscar).

Adestrador: Paulo González Martínez.

2º adestrador: Antón González Martínez.

Delegado: José Antonio Martínez Villar.

ÁRBITRO: Daniel Pérez Ferro. Amosoulle cartón amarelo o xogador local Pablo Galceran. Polo equipo visitante viuno Borja.

GOLES

1 – 0 (min 7): Pablo Naranjo.

2 – 0 (min 27): Eric.

3 – 0 (min 49): Pablo Novo.

4 – 0 (min 52): Eric.

5 – 0 (min 53): Pablo Novo.

6 – 0 (min 60): Pablo López.

7 – 0 (min 66): Pablo Naranjo.

8 – 0 (min 71): Eric.

COMENTARIO

Comezaba o partido co Cariño máis metido e cunha alta presión sobre a saída de balón aresá. Non tardaría moito en chegar o primeiro gol xa que nunha xogada desafortunada na área visitante, Pablo Naranjo non perdoaba. A partires de ese tanto o Numancia espertou e comezou a combinar e a chegar arriba, practicando un bo fútbol, aínda así as ocasións non chegaban pero o equipo botábase arriba sempre co control do balón. Mesmo Migui tiña dúas ocasións de falta directa. Pero chegou o segundo do Cariño en lugar do primeiro numantino, e fixo moito dano á moral dos nosos. A pesar diso o Numancia seguiu co control do esférico ata o descanso e Martín e Raúl puideron acurtar distancia, pero finalmente marchamos os vestiarios cun marcador de 2 – 0.Numancia de Ares. Infantis Cariño - NUmancia.

Na segunda metade o Cariño avisaba xa cedo da súa intención de xogar en longo cos seus rápidos atacantes, quenes permanecían acumulando moita xente en liñas ofensivas. O árbitro negáballes aos locais o 3 - 0 por posición antirreglamentaria pero na seguinte xogada, idéntica á anterior, nin o árbitro nin a defensa numantina sería un impedimento para o terceiro tanto na nosa portería no que ía de mañá. Migui, Naim, Óscar e mesmo Pablo tiveron ocasións claras para dar esperanzas no partido pero non era o día dos nosos.

Dende o minuto 50 en adiante veríase outro partido totalmente diferente ao xa vivido ata o momento. Os xogadores baixaban os brazos incomprensiblemente mostrando unha pobre imaxe nos minutos finais, e facilitarían aos atacantes locais os vindeiros goles. Lonxe de baixar algunha marcha o Cariño fixo sangue na defensa aresá e o marcador foise ata un 8 - 0 nestes últimos minutos.

En resumo mala sorte para o Numancia na primeira metade e mala imaxe na segunda, que fixo marchar aos nosos para Ares con mala cara, de tódolos xeitos o Cariño estivo mellor plantado no partido e foi máis intenso, sendo o indiscutible vencedor do mesmo.

Toca erguerse e traballar para voltar á boa imaxe de principios da fase nesta próxima semana na que o Perlío visita Prados Vellos. Esperámosvos a todos, Forza Numan!!!

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.