Inicio Noticias Infantís INFANTIS: R. SAN PEDRO, 2 – NUMANCIA, 1.
 
 

INFANTIS: R. SAN PEDRO, 2 – NUMANCIA, 1.

BO ESFORZO SEN PREMIO

Partido correspondente á 1ª xornada da Primeira Fase da Primeira Autonómica Infantil, Grupo A. Xogado na tarde do venres 25 na Gándara – 1 de Ferrol, ás 17.30 da tarde.


FICHA TECNICA

RACING SAN PEDRO: Xurxo (Kevin), Diego (José Mella), Javier M, Hugo (Yeray), Matheus Victor, Gabriel, Hugo Hermosilla, José Roques, Andrés Santiago, Izan, Carlos (C).

Adestrador: Víctor Corral Rubin.

Delegado: Guillermo Fernández Fernández.

ADR NUMANCIA DE ARES: Nacho, Chechu (Naim), Martín, David (Oscar), Borja, Pablo Cartelle, Alberto (Martina), Miguel, Jaime, Mario (C), Raúl (Telmo).

Adestrador: Antonio González Varela.

2º adestrador: Paulo González Martínez.

Delegado: José Antonio Martínez Villar.

ARBITRO: José Luís Corral Franco. Amoestou ao delegado visitante.

GOLES:

1 – 0 (min 30): Falta cometida na frontal da área numantina que executa á perfección Gabriel Aneiros sen nada que facer por parte de Nacho.

2 – 0 (min 51): Intento de saír co balón controlado por parte da defensa do Numancia que rouban con moita habilidade os medios do San Pedro para que o dianteiro Jose Roques finalice cunha pizca de sorte.

2 – 1 (min 76): Saída por banda do Numancia que profundiza con Pablo Cartelle. Este chega con moita coraxe a liña de fondo e pon o centro; tras un rexeite, Migui manda o balón á escadra dereita cun fermoso golpeo.

COMENTARIO

Comezaba o Numancia cunha presión moi intensa sempre no campo do San Pedro que non lograba sair nos primeiros 15 minutos de partido. Puido subir o 0 - 1 o marcador xa que cando o balón ía entrar na portería local, despois dun centro producto dunha falta lateral, Pablo Cartelle empurraba o balón en fóra de xogo. Pouco a pouco fóronse estirando os xogadores ferroláns que chegaban con perigo mandando balóns en longo ao seu dianteiro Jose Roques. Non tardou moito en chegar o primeiro gol do partido xa que cando o Numancia se recuperaba dun ataque do San Pedro, éstes volverían a recuperar o esférico forzando una falta nunha posición perigosa que se transformaría no 1 - 0. Seguían os aresáns co seu xogo e intentaban sacar o balón xogado por medio da defensa e dos medios centros, bo traballo de todos eles, que non se esconderon en todo o partido. E cos dianteiros, na primeira parte Jaime e na segunda parte Oscar, dando outro tipo de opcións e pelexando con fortes defensas locais.

Chegábase ó descanso con o resultado de 1 - 0. Na segunda metade o Numancia saía moito máis centrado na portería local, crendo nas suas posibilidades e chegarían ocasións nos pés de Migui con lanzamentos lonxanos e con triangulacións na frontal da área local con Oscar, Jaime, Naim ou Mario, non sendo estes quenes de materializar as opción. Pero o San Pedro tiña as suas ideas moi claras mandando balóns ao espazo para ser aproveitados polos seus rápidos dianteiros. Froito dunha recuperación no medio campo, a velocidade do seu dianteiro Jose Roque permitiulle poñer una certa marxe de manobra no marcador aproveitando un destes bos pases procedentes dos seus compañeiros e batiu a Nacho cun lixeiro toque co interior que se colou lentamente na portería do noso gardameta. O Numancia seguiu insistindo lonxe de darse por vencido e gozou de boas ocasión de córner, mesmo Jaime mandou un testarazo ao pau, unha mágoa. Nunha das moitas aproximacións dos nosos medios, Pablo non se deu por vencido e puxo un centro coa alma que rexeitaría en primeiro instante un defensor pero que Migui non desaproveitaria. Xa era o minuto 76 e nos últimos minutos os xogadores deron o resto para crear indecisión na defensa ferrolá pero non foi suficiente. Magnífica entrega dos xogadores na tarde soleada do venres, pero sen recompensa. Por suposto cousas que mellorar pero coa entrega demostrada a primeira pedra está posta.

Boa afluencia de público visitante que esperamos repita a vindeira semana fronte ao Portuarios nun partido compricado en Ares.

FORZA NUMAN!!!

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.