INFANTÍS. TROFEO VILA DE ARES: NUMANCIA, 2 - G. MUGARDOS, 0
OS GOLES DE NAÍM E ADRIÁN DANLLE O TROFEO AO NUMANCIA
Un resultado axustado premia aos aresáns.
Ares, 4 de setembro de 2015
O venres pola tarde citáronse en Prados Vellos os equipos do Galicia de Mugardos e o Numancia nas categorías de infantís e cadetes nunha xornada de rivalidade que alcanzou a terceira edición do trofeo “Vila de Ares”, organizado polo Numancia en colaboración co concello de Ares.
Boa asistencia de público e tarde agradable, creando un marco perfecto para este xa tradicional torneo de pretemporada, no que os dous clubs presentan as novas formacións.
O primeiro partido foi o de categoría infantil e puidemos observar dous equipos moi parellos, con pouca chegada á portería rival. O Numancia tivo que botar man de cinco alevíns para completar a convocatoria e, aínda así, foi quen de pelexar pola vitoria, poñendo moitas gañas e ilusión na disputa do balón. Dous lanzamentos desde fóra da área, un en cada tempo, déronlle a vitoria aos locais e permitíronlles a primeira alegría da temporada.
Ao remate do partido, o concelleiro aresán José Juan Vilar Rico entregou os correspondentes trofeos aos capitáns dos equipos.
FICHA TECNICA:
NUMANCIA: Nacho, Chechu, Pablo, David, Borja, Migui, Naim, Raúl, Oscar, Mario (C), Jaime. Tamén interviron no encontro Telmo, Martina e Adrián
Adestrador: Antonio González Varela.
2º adestrador: Paulo González Martínez.
Delegado: José Antonio Martínez Villar.
G. MUGARDOS: Adrián Losada, Miguel, Alejandro, Sofía (C), Mateo, Juan, Adrián Fernández, Pablo, Adrián Couceiro, Daniel e Yago. Tamén interviron no encontro Pablo Nistal e Pablo Vázquez.
Adestrador: Carlos Ferrer Casal.
2º adestrador: Manuel López Martínez.
Delegado: José Miguel Romero Formoso.
ARBITRO: Roberto Domínguez Janeiro. Amosoulle cartón amarelo a Alejandro do Mugardos.
GOLES:
1 - 0: NAIM (min. 25), saque de banda sobre Adrián quen pon un centro pasado ao segundo pau por onde aparece Naim libre de marca para bater por alto o porteiro.
2 - 0: ADRIAN (min. 50), centro á frontal da área que toca Jaime de cabeza para a entrada de Adrián quen dispara bombeado superando o porteiro por arriba.