Inicio Noticias Infantís INFANTIS. CARIÑO, 4 – NUMANCIA, 2.
 
 

INFANTIS. CARIÑO, 4 – NUMANCIA, 2.

NON PUIDO SER

Partido correspondente a Semifinal - volta da Copa AFACO infantil disputado na tarde do mércores no campo Municipal de Cariño ante numeroso público de ambos equipos. O resultado ao descanso era de 3 - 1 favorable ao equipo local.
 

Cariño, 3 de xuño do 2015.

FICHA TÉCNICA:

CD CARIÑO: Iván, Garcelán, Naranjo, Pablito, Martín, Eric, David, Cortes, Cristian, Fraguela e Marcos. Tamén xogaron Alejandrito, Bruno, Xiana, Alves e Raúl.

Adestrador: Alejandro Docal "Perlero".

NUMANCIA: Emilio (Jorge), Jaime, Dani (C), Borja (Manu), Josema (Naím), Mario (Raúl), Saúl, Iván, Cristian, Fran e Martín

Adestrador: Antonio González Varela.

Delegado: Jorge Martínez Varela.

COLEXIADO. Víctor García Villaverde. Sen incidencias.

GOLES:

1 – 0: (CRISTIAN) Disparo do Cariño que non consigue atallar Emilio caéndolle o rechace a Cristian que anota cómodamente (minuto 8).

1 – 1: (IVÁN) Balón a saída dun córner no que Mario asiste a Iván para que éste supere ao gardarredes local por alto (minuto 15).

2 – 1: (FRAGUELA) Balón á espalda da defensa numantina que recolle Fraguela para superar a Emilio na sua saida (minuto 29).

3 – 1: (CRISTIAN) Balón aéreo que non acerta a despexar o Numancia. Un xogador local Cristian moi atento colle o balón e supera a Emilio.

4 – 1: (GARCELAN) Contraataque rápido do Cariño no que Martín supera por alto a Jorge na sua saída pero o balón e rexeitado polo pau, o rexeite llegalle a Garcelán quen marca a porta valeira (minuto 72).

4 - 2: (JAIME) Ataque do Numancia por banda dereita no que Cristian asiste a Jaime para que anote (minuto 74).

CRÓNICA:

Tarde con nubes, vento e boa temperatura en Cariño para xogar o partido de volta da Copa AFACO infantil. O Numancia non foi capaz de defender a vantaxe do 3 - 2 da ida e quedou apeado desta competición amigable.

Saiu moito mais metido no partido o equipo local que conseguía o 1 - 0 no minuto 8. Poideron ser mais xa que o Numancia volveu a sair impreciso e nervioso. Por sorte Iván facía o 1 - 1 no minuto 15 cando o Numancia reaccionaba tímidamente saíndo a contra. Pero as cousas non cambiaron e o Cariño foi moito mellor que o Numancia na primeira metade polo que o resultado ao descanso era un xusto 3 - 1 favorable aos de Ortegal.

Na segunda metade parecía que o Numancia melloraba algo e buscaba o gol para empatar a eliminatoria. Houbo algunhas ocasións claras de Saúl e de Iván pero non era o día. Cando máis volcado estaba o Numancia os locais conseguían o 4 - 1. Rápidamente anotaba Jaime o 4 - 2. Nos últimos un Numancia volcado ante a portería do Cariño non era capaz de anotar o gol que lle dera a clasificación. Martín estrellaba o balón no corpo do porteiro en boca de gol e a sucesión de saques de esquina non terían premio, polo que o Numancia quedaba eliminado da Copa AFACO.

Felicitar a o CD Cariño que este sábado as 17:30 xogará a final da Copa AFACO infantil ante o CD As Pontes no noso campo de Prados Vellos. ¡¡¡Sorte a todos¡¡¡

O próximo e último compromiso do Numancia nesta temporada será o sábado día 20 de xuño nas instalacións de A Gándara no Torneo do Racing San Pedro.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡



 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.