INFANTIS. NUMANCIA, 3 – CARIÑO, 2.

MÍNIMA VANTAXE PARA A VOLTA


Partido correspondente a Semifinal - Ida da Copa AFACO infantil disputado na tarde do sábado nun campo de Prados Vellos que rexistrou unha boa entrada. O resultado no tempo de descanso era de 1 - 2.


Ares, 30 de maio do 2015.


FICHA TÉCNICA:


NUMANCIA: Emilio (Jorge), Naím (Raúl), Jaime, Borja (Josema), Fran, Dani (C), Mario (Manu), Saúl, Iván, Martín e Cristian.


Adestrador: Jorge Martínez Varela.


Delegado: Jose Antonio Martínez Villar.


CD CARIÑO: Iván, Marcos (Bruno), Naranjo, Pablo, Raúl (Borja), Alex, Galcerán (Marco), Adrián, Martín (Lucía), Eric e Cristian.


Delegado: Alejandro Docal "Perlero".


COLEXIADO: D. Brais Ferreiro Vérez. Sen incidencias.


GOLES:


0 - 1 (ALEJANDRO) Balón aéreo que non acerta a despexar o Numancia e que tras superar a Emilio cae nos pés de Alejandro que anota sen oposición (minuto 15).


0 - 2 (MARTÍN) Saque de esquina visitante que entre Martín e o xogador numantino Borja desvían hacia á porteria numantina sorprendendo a Emilio (minuto 17).


1 - 2 (DANI) Centro dende a banda dereita numantina que finaliza con disparo. O disparo e desviado polo porteiro visitante, collendo o rechace Dani que sen moio ángulo anota o primeiro do Numancia (minuto 23).


2 - 2 (MARIO) Bonita xogada ofensiva do Numancia, na que Iván centra dende banda esquerda para que Mario entrando dende atrás consiga o empate (minuto 49).


3 - 2 (JAIME) Pase de Martín para Raul quen dispara pero o seu tiro o rexeita o porteiro. O rechace o recolle Jaime para perfilarse e disparar superando a Iván (minuto 74).


CRÓNICA:


Bonito ambiente en Prado Vellos para ver a semifinal - ida da Copa AFACO infantil. Numancia e Cariño buscaban un resultado positivo para o partido de volta e achegarse desa forma á gran final.


Comezou o partido con Numancia excesivamente nervioso e tensionado. Non saían as cousas aos xogadores numantinos e iso foi aproveitado polos de Ortegal para poñerse cun 0 - 2 nos primeiros 20 minutos axudados tamén en certa medida polo vento. Os numantinos foron reaccionando e meténdose no partido. Dani no minuto 23 facía o 1 - 2 para levantar a moral dos de Ares. Chegadas por parte de ambos equipos e boas ocasións do Numancia nun cabezazo de Dani e nunha xogada na que Cristian non chega ao remate en boca de gol. Tiveron tamén os visitantes unha boa ocasión que abortou Emilio cunha boa parada. Co resultado de 1 - 2 chegábamos ao descanso.


Na reanudación sairon fortes os numantinos despois de charlar, templar os nervios e de reorganizar as ideas no vestiario. Co paso dos minutos o Numancia achegábase a portería visitante aínda que o Cariño saía en rápidas contras aproveitando a velocidade dos seus pequenos dianteiros. No minuto 49 o fútbol premiaba unha fermosa xogada ofensiva do Numancia co 2 - 2 obra de Mario. Os numantinos conseguirán levantar un partido que comezara de forma cruel. Ningún dos dous equipos se conformaba co empate e sucediánse as chegadas as porterías de Jorge e de Iván. O atacante numantino Iván non acertaba nunha ocasión ante ó porteiro visitante. Pouco despois no minuto 74 chegaba o 3 - 2 obra de Jaime tras aproveitar un rexeite do gardarredes visitante. Conseguida a remontada, o Numancia xogou con máis cabeza e a piques estivo de ampliar a vantaxe na eliminatoria nos últimos minutos, pero Iván e Martín non estiveron acertados ante a meta adversaría. Co resultado de 3 - 2 chegábamos ao final do partido.


En definitiva, gran esforzo dos xogadores numantinos que foron capaces de sobrepoñerse a un mal inicio de partido e conseguiron remontar o encontro, tendo desa maneira unha mínima vantaxe para o partido de volta.


Este mércores as 18:00 no Municipal de Cariño xogarase o partido de volta na que ambos equipos buscarán o pase a gran final da Copa infantil do próximo sábado en Prados Vellos. ¡¡Vémonos este mércores as 18:00 en Cariño¡¡¡


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.