Inicio Noticias Infantís INFANTIS. FASE PREVIA COPA A.F.A.C.O.
 
 

INFANTIS. FASE PREVIA COPA A.F.A.C.O.

A SEMIFINAIS POLA PORTA GRANDE

Fase previa da Copa AFACO infantil disputada en formato triangular entre Numancia, Cultural Maniños e Galicia de Mugardos na tarde do pasado venres nun Prados Vellos que rexistrou unha fenomenal entrada.
 

Ares, 15 de maio de 2015.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Emilio, Jorge, Naím, Cristian, Jaime, Borja, Josema, Fran, Pablo Vascós, Dani (C), Saúl, Iván, Martín, Mario, Adrián e Manu.

Adestrador: Antonio González Varela.

2º Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: José Antonio Martínez Villar.

C. MANIÑOS: Dani, Iago, Héctor, Felipe, Paco, Migui (C), Jesús, Diego, Pablo, Santi, Mateo, Alberto, Adrián e Pablo.

Adestrador: Fabio Lourido Menaya.

2º Adestrador: Jonathan Bermúdez Pereira.

Delegado: Jorge Quintía Castro.

G. MUGARDOS: Diego (C), Dani, Borja, Jony, Brais, Raúl, Álvaro, Fran Martos, Mateo, Tuñas, Jere, Adrián, Adri, Rafa, Alex e Adrián Fernández.

Adestrador: Carlos Ferrer Casal.

2º Adestrador: Jose Ángel Fernández Rodríguez.

Delegado: Jorge García Dieste.

COLEXIADO: D. Alejandro Miño Pico. Sen incidencias.

CRÓNICAS:

C. MANIÑOS 1 – G. MUGARDOS 4.

Goles: Jesús (12´) Jere (6´), Jony (19´), Álvaro (29´) e Raúl (35´)

Partido no que no minuto 6 Jere facía o 0 – 1 para os de Mugardos. Reaccionaba o Maniños co 1 – 1 obra de Jesús no minuto 12. Pero co paso do tempo o Galicia foi adueñándose do partido e dominando con claridade gozando de claras ocasíons e anotando 3 goles máis para terminar vencendo con claridade polo 1 – 4 final.

 



NUMANCIA 4 – C. MANIÑOS 0.

Goles: Iván (4´) e (32´), Martín (35´) e Jaime (37´).

Encontro no que o Numancia comezou forte e pronto adiantábase co 1 – 0 de Iván. Os numaninos fallaban claras ocasións para ampliar a vantaxe ante un Maniños que soamente inquedaba a meta de Emilio nunha falta que rexeitaba o gardarredes. Os aresáns parecían durmidos pero nos últimos 10 minutos conseguían tres goles máis para deixar o marcador nun 4 – 0 que facía que o Numancia gañara o golaverage ao Galicia de Mugardos de cara a final do triangular.

 



NUMANCIA 2 – G. MUGARDOS 0.

Goles:

1 – 0 (DANI) Saque de esquina lanzado maxistralmente por Iván que remata Dani de cabeza no punto de penalti (minuto 32).

2 – 0 (JONY) (pp) Internada por banda esquerda de Martín quen centra para que Jony mande o balón a sua propia portería (minuto 38).

Numantinos e mugardeses xogábanse o pase as semifinais do Torneo en 40 minutos. Valíalle ó empate ao Numancia, non así aos verdes que necesitaban vencer. O primeiro tramo do partido foi para os visitantes que tiveron algunha ocasión clara de gol e mesmo fallaron un penalti que lanzaba Álvaro Freire por fora. O Numancia reaccionou e Mario mandaba un balón ao pau. Pouco despois Pablo Vascós desaproveitaba una gran acción de ataque colectivo dos vermellos. Por sorte nos últimos 10 minutos o Numancia sentenciou o partido cos goles de Dani e de Jony en propia porta e conseguiu vencer por 2 – 0 e clasificarse para as semifinais da competición.

 


 

En resumo, gran triangular o que nos ofreceron estos tres equipos infantís do sur da ría. Deportivivade, bo fútbol e gran ambiente nunha bonita xornada de convivencia coa excusa do fútbol. Noraboa a todos.

En definitiva, premio para o Numancia infantil que se clasifica para as semifinais da Copa AFACO que se xogarán en principio o 29 de Maio e o 3 de xuño. O rival sairá do triangular entre Cedeira – Ortigueira – Cariño que se xogará no campo de O Beco de Cedeira a próximo fin de semana. ¡¡¡Noraboa rapaces, a seguir disfrutando¡¡¡

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.