INFANTIS: NUMANCIA, 0 – EUME, 2.

SAÚL: DEIXAMOS ESCAPAR VIVO AO LÍDER DE PRADOS VELLOS


Partido correspondente a 22ª xornada da Liga Infantil Pizza Movil grupo 3 disputado na tarde do mércores en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.


Ares, 15 de abril de 2015.


FICHA TÉCNICA:


NUMANCIA: Emilio (Jorge), Borja (Naím), Dani, Jaime, Fran (Josema), Pablo Vascós (C), Mario, Saúl, Iván, Martín (Adrián) e Cristian.


Adestrador: Antonio González Varela.


Delegado: Jorge Martínez Varela.


EUME DEPORTIVO: Antón, Miguel (Andrés), Mario, Jesús (C), Pablo (Iago), Iago, Anthony, Raúl (Brais), Borja (Juan), Mate e Bieito (Fran).


Adestrador: Antón López González.


2º Adestrador: Carlos Carro Fernández.


Delegado: Luís Miguel Pena Garabana.


COLEXIADO: D. Álvaro Pita Fernández. Sen incidencias.


GOLES:


0 - 1 (ANTHONY) Penalti transformado por Anthony (minuto 26).


0 - 2 (RAÚL) Balón á espalda da defensa numantina que aproveita Raúl entrando por banda dereita para superar a Emilio de disparo cruzado (minuto 36).


Despois de estar a piques de sorprender ao Racing "B" o sábado, este mércores os infantís do Numancia puxeron en serios apretos ao líder, un Eume Deportivo que sufriu moito para vencer en Prados Vellos. Desta vez, Saul Leyva xogador zurdo de segundo ano que reaparecía neste partido tras varios meses de ausencia, analiza este novo bo partido dos infantís:


COMENTARIOS DE SAÚL…….

SAUL, xogador infantíl do Numancia de Ares.

A XOGADA DO PARTIDO: Foi unha triangulación do Numancia dende o medio do campo ata a portería rival. Pablo, eu e Mario triangulamos no medio do campo mandando finalmente o balón ata a banda esquerda para que Martín centrara aínda que non poido atopar un rematador.


A CLAVE DO PARTIDO: O penalti que supuxo o 0 - 1 para o Eume foi a clave do partido. Despois de ter o Numancia ata cinco ocasións claras de gol nos primeiros 25 minutos, que o Eume se adiantara grazas a un penalti inexistente foi bastante inxusto pero nisto do fútbol o que perdoa....


O EQUIPO: O equipo seguiu na línea do último partido ante o Racíng cun bo traballo de presión e moitas axudas entre todos. Na primeira metade merecemos acabar por diante do Eume e na segunda plantouse cara ao líder a pesares do resultado adverso. Nunca se baixaron os brazos.


O RIVAL: O Eume vai de líder porque ten unha mestura de xogadores que destacan moito polo seu físico na categoría. Ademais estan acompañados de xogadores técnicos e habilidosos, aínda que hoxe conseguiron que non entraran demasiado en contacto co balón.


O próximo venres nova xornada dunha Liga Infantil Pizza Movil que chega a sua recta final. As 17:45 o Numancia visita as instalacións de O Poboado para xogar ante o CD As Pontes.


Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.