INFANTIS. NUMANCIA, 2 – R. SAN PEDRO, 0.

IVÁN DRAGOEVICH: FOI UN GRAN PARTIDO DE TODO O EQUIPO

Partido correspondente a 19ª xornada da Liga Infantil Pizza Movil grupo 3, disputado na mañá do venres en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos. 


Ares, 20 de marzo de 2015.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Emilio (Jorge), Borja, Dani (C), Jaime, Fran (Josema), Pablo, Mario, Cristian, Martín (Manu), Iván e Raúl (Naím)

Adestrador: Antonio González Varela.

Delegado: Jorge Martínez Varela.

R. SAN PEDRO: Pablo, Joel, Carlos, Antón, Cristian (Carlos), Mario (C), Manu, Sergio (Nacho), Diego (Rodrigo), Javi (Raúl) e Rubén.

Adestrador: Xurxo Otero Pena.

Delegado: Cesar Cascallana Novo.

COLEXIADO: D. Fernando Caruncho Paz. Amoestou a Cristian no Numancia e a Joel no Racing San Pedro.

GOLES:

1 - 0 (CRISTIAN) Saque de esquina lanzado por Martín que Cristian termina envíando a dentro da portería visitante (minuto 24).

2 - 0 (IVÁN) Gran xogada de ataque do Numancia. Pase interior de Mario para banda dereita. Alí aparece Cristian que centra para que Iván anote a porta baleira. (minuto 28).

CRÓNICA:

Refrendou a boa imaxe das últimas semanas o Numancia infantil sorprendendo en Prados Vellos ao 4º clasificado ao que eclipsou e derrotou nun partido moi completo. Esta semana, o atante de segundo ano, IVAN Dragoevich analiza o partido:
IVAN Dragoevich dianteiro infantil do Numancia de Ares.
A XOGADA DO PARTIDO: Foi o segundo gol noso. Jaime recupera o balón e cede para Mario. Éste fai un gran pase interior para Cristian que centra para que eu poida anotar o 2 - 0.

A CLAVE: O gran partido do noso gardameta Emilio que nos permitiu irnos ao descanso sin goles en contra, o que nos transmitiu moita confianza.

ACTUACIÓN PERSOAL: Estou bastante contento da miña actuación. Traballei moito no aspecto ofensivo e tamén no defensivo cando fixo falta.

O EQUIPO: Foi un gran partido de todo o equipo. Na primeira metade aguantamos ben as embestidas do rival e na segunda parte o partido foi noso.

O RIVAL: Do Racing San Pedro destacaría aos seus centrocampistas e ao seu dianteiro Mario Granada.

Nas próximas duas semanas o Numancia gozará dun merecido descanso en canto á competición se refire. Na vindeira xornada toca descansar por calendario, antes de coller as vacacións de Semana Santa. O próximo partido será no campo de A Gándara ante o segundo clasificado, o Racing de Ferrol "B" na fin de semana do 11 de abril.

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.



 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.