Inicio Noticias Infantís Infantís: Numancia 5 - Perlío 6
 
 

Infantís: Numancia 5 - Perlío 6

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2009-2010. Prados Vellos. Pretemporada. Numancia 5 - Perlío 6                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                              A primeira proba de pretemporada dos infantís rematou con derrota  nun encontro con 11 goles.

 

O conxunto local notou en exceso o cambio de categoría da maior parte dos seus compoñentes. O remate do primeiro tempo o resultado era favorable ós de Perlío por 1 tanto a 4. Tardaron en reaccionar os aresáns que no minuto 20 do segundo tempo perdían por 1-5, pero con gañas e empuxe logaron acurtar a diferencia e incluso puderon acadar o empate. Arbitrou o encontro Jorge Martínez.

 

Neste amigable José Juan i Eloy sacaron dous equipos distintos en cada parte do encontro, así na primeira metade xogaron Roberto; José Manuel,Verónica, Miguelito, Tomás; Sergio, Miguel, Iván, Juan Carlos; Alejandro e Brais. Na segunda metade xogarían Agustín;  Andrés Saavedra, Verónica, Miguel, Darío; Iván, Martín, Alberto, Marcelo; Ángel e Andrés Novoa.

Goles:

0-1. min. 2. Internada dende a dereita do Perlío chegando o balón ó centro do area donde un dianteiro visitante eleva o balón sobre a saída de Roberto.

1-1. min. 6. Balón que chega a Iván no centro do campo que sortea a varios rivais ata chgar o borde da área para conectar un forte disparo ó que non pode chegar o meta visitante.

1-2. min. 14. Cesión comprometida da defensa do Numancia ó seu poeteiro que non rexeita coa suficiente forza aproveitandose da situación un dianteiro fenés.

1-3. min. 35. Tiro lonxano do Perlío sen aparente perigo que sorprende ó porteiro local que non é quen de reter o balón que acaba no fondo da rede do Numancia.

1-4. min. 36. Erro da defensa no saque de centro do anterior gol deixando ó dianteiro do Perlío en solitario frente a Roberto ó cal bate na sua saída.

1-5. min. 60. Contra do equipo visitante que fai chegar o balón o dianteiro que se interna pola esquerda dentro da area local e cruza fora do alcance de Agustín o balón.

2-5. min. 68. Balón moi ben servido por Andrés Novoa sobre a carreira de Marcelo pola esquerda, resolvendo este de tiro raso sobre a saída do porteiro rival.

3-5. min. 69. Falta sobre Marcelo ó borde da área que executa con maestría Iván sobre a escadra esquerda.

3-6. min. 72. Nova contra, aproveitando o empuxe do equipo local que sorprende a defensa e deixa novamente en solitario o dianteiro visitantante frente Agustín ó que barte por baixo na súa saída.

4-6. min. 74. Rexeite que chega a Martín ó borde da área o cal consigue conectar un forte disparo fora do alcance do meta do Perlío.

5-6. min. 79. Balón posto dende a dereita por Iván que rexeita o porteiro. O balón cae a pes de Marcelo que cede a Andrés Novoa para que marque o resultado definitivo.

En resumen, un tempo para cada equipo nun encontro que para ser de pretemporada estibo entretido e deixou ver algunha xogada de moita calidade.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.