Inicio Noticias Infantís INFANTIS. NUMANCIA, 1 – R. DE NEDA, 2.
 
 

INFANTIS. NUMANCIA, 1 – R. DE NEDA, 2.

PABLO VASCOS: “A INTESIDADE DO RIVAL FOI SUPERIOR A NOSA”.


Partido correspondiente á 12ª xornada da Liga Infantil de Primeira Autonómica Pizza Movil, grupo 3º, disputado na tarde do sábado en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.


Ares 31 de xaneiro de 2015.


FICHA TÉCNICA:


NUMANCIA: Jorge (Emilio), Cristian, Pablo Cartelle, Jaime, Fran, Pablo Vascós, Dani (C), Mario, Martín, Raúl (Naím) e Adri (Manu).


Adestrador: Antonio González Varela.


Delegado: Jorge Martínez Varela.


R. DE NEDA: David Marcos, Alberto, Pablo (C), Xoel, Imanol, Anxo, David Rodríguez, Bruno (Christian), Fernando, Joel (Isma) e Gorka (Jose)


Adestrador: José Luís Rodríguez López.


Delegado: Joaquín Rodeiro Gónzalez.


COLEXIADO: D. Brais Leira Fernández. Amoestou a Anxo no Rápido de Neda


GOLES:


0 - 1 (DAVID) Balón ás costas da defensa numantina, David supera na carreira a Jaime e bate a Jorge de tiro cruzado (minuto 30).


1 - 1 (DANI) Lanzamento maxistral de saque de esquina de Martín que remata Dani de media chilena no punto de penalti. Un auténtico golazo (minuto 36).


1 - 2 (XOEL) Saque de esquina mal defendido polo Numancia e rematado de cabeza por Xoel que bate a Emilio (minuto 63).


Cortouse a racha de resultados positivos dun Numancia infantil que non foi quen de puntuar ante un correoso Rápido de Neda en Prados Vellos. Un dos capitáns do equipo, Pablo Vascós fai esta semana as valoracións do partido:


Comentarios de PABLO VASCOS...

Numancia de Ares. PABLO VASCOS co árbitro do partido.

A XOGADA DO PARTIDO: Non recordo moi boas xogadas, porque case sempre se estaba xogando a o contragolpe, pero houbo momentos onde o Numancia combinou moi ben.


CLAVE: A clave viuse moi clara. Foi a intensidade. O rival foi capaz de xogar cunha gran intensidade mentres que nós non podíamos igualala durante algunha das fases do partido.


ACTUACION PERSOAL: Non estou contento do meu rendimento xa que errei moitos pases á espalda do rival e non cortei moitos balóns no medio do campo. Cousas que teño que mellorar.


O EQUIPO: Penso que o equipo non xogou ben, pero este non foi o noso peor partido. O que fixemos ben por momentos foi combinar os pases. A diferenza do partido marcouna a intensidade do rival frente á nosa falta de ritmo. Faltounos á actitude que tivemos fronte ó Caranza e As Pontes.


O RIVAL: Como xa dixen antes, o rival impuxo moita intensidade pero tamén moitos movemento, e ademáis combinouno coa técnica. Xogan moi ben en colectivo, axúdanse e anímanse. David Rodríguez, o número 7 pode ser o xogador destacado, tiña boa técnica, moita velocidade e intensidade.


O próximo fin de semana o Numancia visitará as instalacións de O Cadaval para medirse ao 3º clasificado, o Narón Balompé Piñeiros. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡


Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.


 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.