Inicio Noticias Infantís INFANTÍS: G. CARANZA B, 1 - NUMANCIA, 1
 
 

INFANTÍS: G. CARANZA B, 1 - NUMANCIA, 1

FRAN ROMAUS: “NUNCA NOS RENDEMOS E LOITAMOS ATA CONSEGUIR O EMPATE”.

EMILIO: "A CLAVE ESTIVO NA PRESIÓN DO EQUIPO".


Valioso e meritorio empate do Numancia infantil na súa visita a un dos equipos situados na zona alta da clasificación, o Galicia de Caranza "B", adestrado por Xelo.

 


Ferrol, 23 de xaneiro de 2015

Partido correspondente á undécima xornada da liga infantil de Primeira Autonómica Pizza Móvil, grupo terceiro, disputado na mañá do sábado no campo Municipal Javier Gómez Noya de Caranza ante numerosos espectadores de ambos equipos..

FICHA TÉCNICA:

G. CARANZA "B": Ángel Novo, Adrián, Víctor, Ángel Calvo (Sergio), Antón, Isma (Xabi), Paulo (C) (Jaime), Xoan, Miguel (Víctor), Brais (Alex) e Iago.

Adestrador: Ángel Tenreiro Sanjuán.

Delegado: Francisco Insua Beade.

NUMANCIA: Jorge (Emilio), Pablo Cartelle, Jaime, Dani, Raúl (Iván), Pablo Vascós (C), Mario, Martín, Naím (Cristian), Fran e Adri.

Adestrador: Antonio González Varela.

Delegado: Jorge Martínez Varela.

COLEXIADO: D. Iván García Rey. Boa arbitraxe. Amoestou a Pablo Vascós, Cristian e Fran por parte do Numancia.

GOLES:

1 - 0 (m. 23): Centro dende a banda esquerda que remata Xoan libre de marca no segundo pau.

1 - 1 (m. 73) Gran xogada individual de Pablo Vascós que termina cunha asistencia a Martín para que éste anote ante Ángel de tiro cruzado.

COMENTARIOS DE ….FRAN Romaus.

A XOGADA DO PARTIDO: A mellor xogado do partido foi a do noso gol cando Pablo, fronte á area, foise de dous xogadores e pasou a pelota a Martin, que marcou.FRAN defensa do Numancia de Ares.

CLAVE: A clave do empate foi a mentalidade e a forma física dos xogadores xa que, pese a todo seguimos loitando ata que chegou o gol.

ACTUACIÓN PERSOAL: Eu sinceramente o din todo no campo. Isto é para min o máis importante. Por outra parte, sei que teño que mellorar e evitar que os rivais pasen pola miña banda.
O EQUIPO: O equipo deu unha boísima imaxe. Pese que iamos perdendo non nos rendemos e seguimos loitando e creo que todos os xogadores deron todo no campo.

O RIVAL: O equipo rival, o Galicia de Caranza, é un rival duro xa que os seus xogadores teñen unha forma física estupenda e unha técnica tamén moi boa. Xa coñecemos a Víctor, que estivo uns anos no Numancia.Tanto a defensa como a dianteira do rival era moi boa.


COMENTARIOS DE ….EMILIO:

A XOGADA DO PARTIDO: Na que se meteu o gol. Un gran pase de Pablo cun control de Martín, cun par de regates que lle ofreceron un gran ángulo de tiro que aproveitou.EMILIO porteiro infantíl do Numancia de Ares.

CLAVE: A gran presión do equipo.

ACTUACIÓN PERSOAL: Neste partido valoro positivamente que estiven en tensión durante todo o partido. Pola contra, recoñezo o meu nerviosismo por ter coma rivais os meus antigos compañeiros.

O EQUIPO: O mellor foi a concentración e a motivación, mentres que o peor foron os erros cometidos en defensa.

O RIVAL: Do Caranza destacaría o toque de balón dos seus xogadores.

A vindeira fin de semana o Numancia infantil, que agarda seguir recuperando efectivos, xogará en Prados Vellos ante un equipo que como os numantinos está situado na zona media da clasificación, o Rápido de Neda. Será o sábado as 16:30 en Prados Vellos. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.