INFANTÍS. NUMANCIA, 4 - AS PONTES, 3

JAIME: "A CLAVE ESTIVO NO GOL DE FALTA DIRECTA CONSEGUIDO POR DANI"

 

Importante e meritoria vitoria dos infantís ante un rival que conseguira remontar o marcador. Este triunfo debe servirnos para entender que nunca hai que renderse, que xamais debemos baixar os brazos.

Ares 17 de xaneiro de 2015.

Partido correspondente á décima xornada da liga infantil de Primeira Autonómica Pizza Móvil, grupo terceiro, disputado no campo de Prados Vellos.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Emilio (Jorge), Cristian, Jaime, Pablo Cartelle, Fran, Dani (C), Mario, Martín, Iván, Raúl (Naím) e Adri.

Adestrador: Antonio González Varela.

Delegado: Jorge Martínez Varela.

CD AS PONTES: Juan, Alex (Antón), Antonio, Javi, Germán, Xan (Jorge), Mateo (Brais), Jose María (C), Joan (Antón), Dani e Jose Adega (Vicente)

Adestrador: Marcos Bouza Vérez.

Delegado: Ángel Enrique Barro Porto.

COLEXIADO: D. Manuel Bejarano Estepa. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0 (MARIO) Roubo de Mario en tres cuartos de campo que aproveita para entrar na área e batir a Juan de disparo raso (minuto 21)

2 - 0 (MARTÍN) Saque de porta do porteiro visitante que recolle Martín en tres cuartos de campo, lanzando un disparo alto que sorprende a Juan (minuto 34).

2 - 1 (MATEO) Claro penalti cometido por Fran que transforma Mateo (minuto 38)

2 - 2 (DANI) Balón á espalda da defensa numantina que aproveita Dani para batir a Emilio (minuto 39).

2 - 3 (JOAN) Balón solto dentro da área numantina que recolle Joan para batir a Jorge (minuto 53).

3 - 3 (DANI) Lanzamento de falta de Dani que sorprende a Juan (minuto 77).

4 - 3 (NAÍM) Pase longo de Jaime para Naím que bate a Juan por alto na sua saída (minuto 79).

CRÓNICA:

O Numancia de infantís afrontou o partido con 7 baixas de xogadores do seu plantel por enfermidades e lesións. 13 xogadores, un deles alevín foron capaces de vencer en Prados Vellos ao 5ª clasificado, o CD As Pontes nun encontro entretido e emocionante que desta vez nos analiza un dos xogadores mais veteráns do equipo, o defensa Jaime:JAIME defensa infantil do Numancia de Ares.

A próxima fin de semana o Numancia xogará a domicilio ante o Galicia de Caranza "B" onde intentarán de novo sorprender a outro dos equipos da zona alta da clasificación. ¡¡¡Non faltedes¡¡

COMENTARIOS DE JAIME:

A XOGADA DO PARTIDO: "A mellor xogada do partido foi a do cuarto gol do noso equipo, aínda que non foi a máis elaborada, foi a que máis significou para nós. Roubei un balón e saín con el pola banda, logo pasei o balón a Martín, que percorreu a metade da banda do outro equipo e fixo un pase perfecto a Naim que quedou só contra o porteiro nun man a man. Entón viu que o porteiro contrario estaba adiantado e aproveitou esa vantaxe para facerlle una vaselina e meter o balón na portería sen que o porteiro puidese facer nada"

CLAVE: "O gol a tiro de falta de Dani, que fixo que nós xogáramos con máis forza, porque aí pensabamos que aínda se podía gañar. A partir dese momento, empezamos a xogar mellor e xa non controlaba tanto o partido o As Pontes."

ACTUACIÓN PERSOAL: "Creo que xoguei un bo partido na segunda parte porque cortei bastantes balóns e conseguín que os dianteiros non chegaran ben, pero na primeira xoguei bastante mal porque non chegaba aos balóns e cando chegaba, non conseguía cortalos. Creo que debo mellorar nos cortes para chegar antes e que non me regateen tan facilmente".

O EQUIPO: "Na primeira parte xogamos regular, porque controlaban o medio campo e non conseguiamos saír con balón, pero eles tampouco chegaban todo o que querían, pero aínda así, conseguiron chegar bastante. En cambio na segunda parte xogamos mellor e case non conseguiron xogadas claras de gol, e nós conseguimos dominar o medio campo, cando eles se acercaban os mediocentros roubaban os balóns, e se non o conseguían, facíao a defensa. A dianteira tamén xogou ben, os balóns que chegaron conseguiron metelos ou facer unha boa xogada."

O RIVAL: "Do equipo contrario destacaría sen dúbida ao 10. Era, para min, o mellor xogador do partido, estaba en todos os lados e nos regateaba como quería, sen ese xogador poderíamos ter gañado con máis facilidade, porque era a base do equipo contrario"

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.



Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.