Inicio Noticias Infantís INFANTÍS. EUME, 9 - NUMANCIA, 0
 
 

INFANTÍS. EUME, 9 - NUMANCIA, 0

DANI: "TODO O EQUIPO FOI INCAPAZ DE DEFENDER BEN"

A contundente derrota sufrida este sábado non deixa dúbidas e Dani recoñece a clara superioridade do equipo eumés.


 

Ares, 10 de xaneiro de 2015

Partido correspondente á 9ª xornada da Liga Infantil grupo 3, disputado na mañá do sábado no campo de A Gándara de Pontedeume ante numerosos espectadores de ambos equipos.
 
FICHA TÉCNICA:
 
EUME DEPORTIVO: Antón, Brais (Adrián), Mario, Jesús (Iago), Pablo, Hugo (C), Anthony, Raúl (Andrés), Juan (Javi), Mateo e Bieito (Fran)
 
Adestrador: Antón López González.
 
Delegado: Carlos Carro Fernández.
 
NUMANCIA: Emilio (Rubén), Josema (Pablo Cartelle), Jaime, Borja, Frán (Raúl), Dani, Mario, Iván, Cristian, Martín e Adri (Manu)
 
Adestrador: Antonio González Varela.
 
Delegado: José Antonio Martínez Villar.
 
Colexiado: D. Álvaro González Grimaldos. Sen incidencias.
 
GOLES:
 
Eume Deportivo: Raúl (2), Juan (2), Jesús, Mateo, Andrés, Anthony e Borja en propia meta.
 
CRÓNICA:
 
Partido no que un Numancia mermado polas baixas visitaba ao 2º clasificado, o Eume Deportivo, sendo derrotado de maneira clara polo equipo local.
 
Dende esta xornada, serán os propios xogadores os que nos fagan o resume do encontro, inagurando esta sección un dos capitáns do equipo, DANI.
 
 

COMENTARIOS DE DANI:DANI García nun lance do xogo

 

1. A XOGADA DO PARTIDO. Cal foi a mellor xogada do partido?
A mellor xogada do partido foi unha xogada combinativa do Numancia na primeira metade na que xeramos unha boa oportunidade de gol pero que a defensa interceptou o bo pase de Iván a Adri

2. CLAVE. Houbo alguna circunstancia ou acción que influíra directamente no resultado final?
Creo que non houbo ninguna xogada que marcara o partido, tan só mirando o resultado xa se ve que foron superiores.

3. ACTUACIÓN PERSOAL. Estás satisfeito coa túa actuación neste partido?
Non podo estar satisfeito coa miña actuación, cando o equipo perdeu por tantos goles.
 
4. O EQUIPO. Analiza o xogo do teu equipo.
Pois neste partido non sabería que resaltar do equipo porque en realidade, excepto duas xogadas, prácticamente todo o xogo se fíxo no noso campo. Apenas creamos ocasions de gol, cometemos moitos erros en defensa, pero non só na liña defensiva, senón todo o equipo foi incapaz de defender ben. Ademais saímos durmidos ao campo e nos primeiros minutos metéronnos 2 goles. Temos que saír máis metidos aos partidos e ser máis intensos defensivamente.

5. O RIVAL. Que destacarías do equipo contrario?
Destacaría o número 10, era rápido e moi áxil. Ademais todos xuntos facían un bo equipo
 
O próximo venres, 16 de xaneiro, ás 17.30 h. o Numancia recibe en Prados Vellos ao As Pontes.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.