Inicio Noticias Infantís INFANTIS. NUMANCIA, 1 – R. FERROL “B”, 9.
 
 

INFANTIS. NUMANCIA, 1 – R. FERROL “B”, 9.

FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANO 2015

Partido correspondiente a 8ª xornada da Liga Infantil grupo 3 disputado na mañá do sábado en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.



Ares 20 de decembro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Rubén (Jorge), Jaime, Borja, Dani (C), Fran (Josema), Pablo (Raúl), Mario, Saúl, Naím (Cristian), Martín e Iván.

Adestrador: Antonio González Varela.

Delegado: Jorge Martínez Varela.

RACING DE FERROL "B": Iván (Pablo Barcelo), Miguel, Gonzalo, Diego, Brais, Pablo García (C) (Mario García), Juan (Martín), Aarón, Caio, Eric (Alonso) e Mario Couce (Santi).

Adestrador: Julián Aneiros Rey.

2º adestrador: Álvaro García Cuello.

Delegado: Antonio Aneiros Rey.

COLEXIADO: D. Christian Pérez Tejerina. Sen incidencias.

GOLES:

Numancia: Martín

Racing Ferrol "B": Eric (3), Caio 2), Alonso (2), Aarón e Mario Couce.

CRÓNICA:

Recibía o Numancia infantil a visita dun Racing de Ferrol "B" reforzado. Non poideron os numantinos repetir a machada da competición de Copa onde derrotaban aos ferrolás, sendo nesta ocasión o conxunto racinguista moi superior aos numantinos, especialmente na segunda metade.

Na primeira parte vimos un partido bastante igualado. O conxunto verde dominaba a posesión do esférico e achegábase en ocasións a portería de Rubén. O bo traballo defensivo do Numancia impedía os goles e mesmo os de Ares tiveron varias ocasións de gol por medio de Iván e de Pablo que non atoparon premio. Unha falta dubidosa era convertida maxistralmente polo desequilibrante xogador racinguista Eric Valcarcel para facer o 0 - 1 e antes do descanso Mario Couce facía o 0 - 2, un resultado cruel e abultado para o bo traballo do Numancia nesta primeira metade.

Na reanudación saían durmidos os numantinos e rápidamente Eric facía o 0 - 3. No minuto 50 chegaba o 0 - 4 e tamén a lesión de Pablo Vascós no Numancia polo que o partido decantábase de maneira xa moi clara para os ferrolás. Na última fase do partido resignación numantina con gol de Martín e superioridade visitante para establecer un resultado quizáis demasiado excesivo para os méritos duns e doutros no cómputo global do partido.

En resumo, vitoria do Racing "B" sen paliativos que demostrou o porque e líder do grupo principal da categoría de infantíl. O Numancia deu unha boa imaxe ata o minuto 50 onde os goles e as circunstancias fixeron que os rapaces baixaran os brazos.

En definitiva, fin dun primeiro trimestre para un Numancia infantil con gran asistencia dos rapaces aos adestramentos. Un equipo infantil que fixo unha boa competición de Copa onde conseguiu clasificarse para o grupo principal da Liga. Neste grupo está a competir cos mellores equipos da comarca estando situado actualmente na zona media da clasificación. Ademais os xogadores infantís de segundo ano axudaron habitualmente neste trimestre o equipo cadete da entidade. Polo tanto levan todos os rapaces boa nota nesta primeira fase da temporada..Agora vacacións de Nadal e a coller forzas para o 2015 que comezará para o Numancia infantil o fin de semana do 10 de xaneiro disputando a 9ª xornada de Liga a domicilio ante o Eume Deportivo.

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANO 2015 A TOD@S¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.


Numancia de Ares. Felices Festas.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.