Inicio Noticias Infantís INFANTIS. NUMANCIA, 2 - O VAL, 0.
 
 

INFANTIS. NUMANCIA, 2 - O VAL, 0.

PREMIO PARA O TRABALLO COLECTIVO

Partido correspondente a 5ª xornada da Liga infantil grupo 3, disputado na mañá do sábado en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

Ares 29 de novembro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Emilio (Rubén), Cristian, Jaime, Borja, Fran, Pablo, Mario, Dani (C), Naím (Josema), Saúl e Adri (Raúl).

Adestrador: Antonio González Varela.

Delegado: Jorge Martínez Varela.

SD O VAL: Ignacio (Jorge), Alejandro (Nacho) Lucas, Gerardo, Alexandre (Manu), Dani, Adrián, Marcos (Óscar), Subash, Anxo e Adri (C) (Joel).

Adestrador: Javier Tomé Martínez.

Delegado: José Pita Molina.

COLEXIADO: D. Eduardo Pereira Dobarro. Unha arbitraxe moi formativa. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0 (ADRI) Pase de Cristian para Adri, este controla co peito e anota un auténtico golazo de volea sorprendendo ao porteiro visitante (minuto 35).

2 - 0 (SAÚL) Tiro libre directo lanzado maxistralmente por Saúl (minuto 49).

CRÓNICA:

Chegaba a quinta xornada da Liga esixente de infantís para o Numancia. Nesta ocasión tocou recibir a un SD O Val que amosou bo fútbol en Prados Vellos pero que non poido resistir ante o bo facer dos numantinos neste partido.

A primeira metade foi igualada e bastante entretida. Os dous equipos querían combinar e buscar a portería adversaria. Naím en dúas ocasións avisaba aos valexos. Os visitantes metían o medo no corpo nun lanzamento que tivo que sacar Jaime na mesma línea de gol. Pero o gol chegaría por medio de Adri no minuto 35 despois dunha fermosa volea. Co resultado de 1 - 0 favorable ao Numancia chegabamos ao descanso.

Na reanudación foi mellor o Numancia e no minuto 49 Saúl anotaba o 2 - 0 cun bonito lanzamento de falta. Os visitantes tiveron 10 minutos bos onde intentaron levar perigo á porteria de Rubén. Pero o bo traballo defensivo e colectivo dos numantinos neste partido tivo o premio merecido da vitoria.

En definitiva, segunda vitoria do Numancia en cinco xornadas de Liga. A de hoxe quizáis cun sabor especial xa que o equipo contaba coas baixas de tres xogadores habituais de segundo ano. Pero o equipo está por enriba das individualidades e os 18 compoñentes do equipo suman, participan e progresan adecuadamente semana a semana nesta esixente competición de Liga na que se atopan os 13 mellores equipos de Ferrolterra.

O próximo fin de semana o Numancia visita ao terceiro clasificado, o Racing San Pedro de Ferrol no campo de herba artificial de A Gándara. Sen dúbida un partido compricado no que os numantinos agardan facer un bo papel e loitar por todo neste envite. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.



 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.