INFANTIS. NUMANCIA, 1 – MANIÑOS, 0.

UNHA VITORIA NECESARIA

Partido correspondente a 3ª xornada da Liga Infantil grupo 3 disputado na mañá do sábado en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

Ares 15 de novembro de 2014

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Rubén (Jorge), Cristian, Jaime, Dani (C), Raúl (Pablo Cartelle), Pablo Vascós, Mario, Saúl, Naím (Iván), Martín e Adrián (Manu).

Adestrador: Antonio González Varela.

Delegado: Jorge Martínez Varela.

C. MANIÑOS: Adrián (Joaquín), Fran, Víctor (Yago), Juan (C), Héctor, Castro, Iván (Santi), Mateo, Pablo, Jesús (Dobarro) e Caio.

Adestrador: Fabio Lourido Menaya.

Delegado: Jorge Quintia Castro "Koki".

ARBITRO: D. Pablo Peña Díaz. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0 (ADRIÁN) Pase de Martín para Adrián que eleva o balón por enriba do gardarredes visitante (minuto 21).

CRÓNICA:

Despois dunha serie de derrotas chegaba de novo a vitoria para o Numancia infantil no partido correspondiente a 3ª xornada da liga principal da categoría, onde o Numancia foi superior aos feneses.

Na primeira metade comezou forte o Numancia con chegadas e ocasións ante a portería visitante. O Maniños foi espertando e enviaba balóns longos que levaban certo perigo a portería de Rubén. No minuto 21 Adrián conseguía o 1 - 0 para o Numancia. Con superioridade aresana no marcador e con certa igualdade no xogo chegabamos ao descanso.

Na segunda metade o Numancia defendeu o resultado da mellor maneira posible, defendendo co balón. Tivo claras ocasións de gol os numantinos para sentenciar o partido, pero ¡¡¡¡adoramos sufrir¡¡¡ Tamén e certo que é mellor sufrir tendo ocasións e non que as teña o rival. Os visitantes apenas tiveron algunha opción de conseguir o empate polo que o fútbol foi desta vez xusto e o Numancia conseguía unha vitoria xusta aínda que curta visto o visto sobre o terreo de xogo nesta mañá de sábado onde a choiva non apareceu por sorte para todos.

En resumo, bo e serio partido dos numantinos para seguir recuperando as boas sensacións premiadas esta vez cunha necesaria vitoria. Son os tres primeiros puntos dunha Liga onde o Numancia espera poder competir semana a semana cos mellores equipos da categoría apelando á forza de todo o equipo, sendo moi importantes os xogadores de segundo ano e curtindo aos nenos de primeiro ano e incluso a algún xogador de categoría alevín como Pablo Cartelle que sempre responde a bo nivel ante a chamada dos infantís. ¡¡¡Toca seguir así¡¡¡

A vindeira fin de semana o Numancia xogará o partido correspondiente a 4ª xornada de Liga. Será un desprazamento compricado ao campo de Atios de Valdoviño, de pequenas dimensións e de herba natural onde agarda o Amistade Meirás. ¡¡¡¡Non faltedes¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.