Inicio Noticias Infantís INFANTIS. NUMANCIA, 0 – ANIMAS, 3.
 
 

INFANTIS. NUMANCIA, 0 – ANIMAS, 3.

GOLES SON AMORES

Partido correspondiente a 1ª xornada da Liga Infantil grupo 3 disputado na tarde do venres en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 



Ares 31 de outubro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Rubén (Jorge), Jaime (Pablo Cartelle), Borja, Dani (C), Raúl (Fran), Pablo Vascós, Mario, Iván, Cristian, Martín e Adri (Josema).

Adestrador: Antonio González Varela.

Delegado: Jorge Martínez Varela.

SRD ÁNIMAS: Yago (C) (Kevin), Manu, Carlos, Álvaro, Martín (Kidus), Alex Pujales (Lucas), Jose, Jonathan, Diego, Óscar (Eva) e Alex Gabarre.

Adestrador: José Janeiro Brea.

Delegado: Miguel San Emeterio Martínez.

COLEXIADO: D. Álvaro Pita Fernández. Sen incidencias.

GOLES:

0 - 1 (MARTÍN) Balón solto na área do Numancia que recolle Martin para batir a Rubén (min. 16).

0 - 2 (ÓSCAR) Libre directo materializado por Óscar (min. 53).

0 - 3 (JONATHAN) Roubo dos visitantes na saída de balón do Numancia que aproveita Jonathan para batir a Jorge (min. 60).Instante partido de infantís Numancia - Ánimas (Prados Vellos 31/10/2014).

CRÓNICA:

Unha semana despois Numancia e Ánimas volvíanse a ver as caras para inaugurar desta vez a competición de Liga infantíl onde se atopan os 13 mellores clasificados dos distintos grupos da fase previa.

Na primeira metade o equipo visitante maniatou aos numantinos que fixeron os peores 40 minutos da temporada. Un Numancia nervioso, impreciso e demasiado tenso viuse incapaz de crear xogo. Os de Ferrol cunha boa presión e colocación no campo aproveitaban o fútbol directo para achegarse a portería de Rubén. Co gol de Martín (16´) chegabamos ao descanso co resultado xusto de 0 - 1 favorable ao Ánimas.

Na segunda metade gran melloría dos numantinos que colleron o toro polos cornos, adiantaron líneas e acosaron durante 15 minutos a portería visitante. Martín e Cristian ambos por duas veces tiveron claras ocasións de gol para empatar e incluso dar a volta ao resultado, pero a falta de acerto e as grandes intervencións do sensacional gardaredes visitante Yago impediron os goles do Numancia. Cando mellor xogaban os de Ares chegaba o gol de falta de Óscar (53´) que sorprendía a Jorge e colocaba o 0 -  2 no marcador. Os numantinos acusaron o golpe e o partido terminou de morrer cando Jonathan anotaba o 0 - 3 (60´). O último tramo de partido sobrou e os primeiros tres puntos da Liga escaparon ata Ferrol.

En resumo, partido ante un bo rival do que hai que rescatar as cousas boas da segunda metade e correxir os numerosos erros da primeira parte para poder competir en datas futuras cos mellores equipos infantís das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Estos nenos amosaron na Copa que teñen moita calidade nas suas botas. Agardemos que volvan a boa dinámica e cheguen novas ledicias para a parroquia numantina de parte dos infantís.

A vindeira fin de semana o Numancia infantil xogará no campo Municipal de O Beco de Cedeira ante o equipo local.

¡¡¡NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.