Inicio Noticias Infantís INFANTIS. NUMANCIA, 2 – ANIMAS, 3.
 
 

INFANTIS. NUMANCIA, 2 – ANIMAS, 3.

UNHA COPA MOI RICA

Partido correspondente a última xornada da competición de Copa infantil grupo A, disputado na tarde do sábado en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 


FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Emilio (Jorge), Borja, Jaime, Dani (C), Fran (Josema), Pablo, Mario, Saúl, Iván (Manu), Martín e Adri (Cristian)

Adestrador: Antonio González Varela.

Delegado: Jorge Martínez Varela.

ÁNIMAS: Yago (C), Lucas (Eva), José, Álvaro, Manu, Carlos, Martín (Óscar), Alex Pujales (Jose) Jonathan, Diego e Alex Gabarre.

Adestrador: Pedro Cara González.

Delegado: Miguel San Emeterio Martínez.

COLEXIADO: D. Raúl Acebo Bustadab. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0 (ADRI) Centro de Martín dende a banda esquerda que remata Adri de volea no punto de penalti (minuto 19).

1 - 1 (ALEX GABARRE) Balón entre os centrales do Numancia que aproveita Alex Gabarre para anotar (minuto 20).

1 - 2 (ALEX GABARRE) Saque de porta do Numancia interceptado por Alex Gabarre para batir a Emilio de vaselina (minuto 23).

2 - 2 (IVÁN) Centro de Martín dende banda esquerda que remata Iván no segundo pau (minuto 25).

2 - 3 (ALEX GABARRE) Balón ás costas da defensa do Numancia que aproveita Alex Gabarre para batir a Jorge de disparo cruzado (minuto 80).

CRÓNICA:

Nunha magnífica tarde de sábado os equipos infantís do Numancia e do Ánimas medíanse en Prados Vellos sin nada en xogo, coa intención de aproveitar o partido para preparar a competición de Liga que comeza a próxima semana.

Nos primeiro tramo de partido vimos os mellores minutos do Numancia nesta temporada. Unha pena que os rapaces non estiveran acertados de cara a gol e houbese que esperar ata o minuto 19 para ver o 1 - 0 que anotaba Adri. Sin saber como, os de Ferrol metéronse no partido e foron capaces de conseguir dous goles nos minutos 20 e 23 establecendo o 1 - 2 no marcador. Rápidamente Iván devolvía a lóxica ao marcador anotando o 2 - 2 no minuto 25. De seguro que si os atacantes numantinos estiveran mais acertados falaríamos doutro resultado ao descanso, pero no fútbol goles son amores e o empate reinaban cando chegabamos ao intermedio.

Na segunda metade vimos un partido mais nivelado e aberto. Comezaron mellor os do Ánimas chegado con perigo a portería de Jorge. O Numancia tivo ocasión de levarse tamén o partido por medio de Iván, Martín e Cristian. Pero non era o día do gol e como no fútbol o que perdoa ó paga o goleador do partido, Alex Gabarre anotaba o 2 - 3 cruel no tempo de desconto para darlle a vitoria aos equipo das Casas Baratas. Cousas do futbol.

En definitiva partido que serviu para pechar unha gran competición de Copa do equipo infantil do Numancia, que con tres xornadas de antelación xa conseguía clasificarse para a Liga de Infantís onde estarán os 13 mellores clasificados dos tres grupos copeiros. Os equipos que disputarán a Liga que dará acceso a xogar a fase de ascenso a Liga Galega aos dous primeiros clasificados serán os seguintes:

G. Caranza "B", Racing de Ferrol "B", SDR Ánimas, Numancia, Cultural Maniños, Eume Deportivo, Amistade Meirás, Racing San Pedro, Rápido de Neda, CD As Pontes, SD O Val, Narón Balompé e Cedeira SD.

A competición de Liga na que o Numancia coa axuda de tod@s intentará facer un bo papel, comezará xa a próxima fin de semana. O sorteo foi caprichoso e tivo a ben enfrentar na primeira xornada a Numancia e Ánimas. Polo tanto a próxima fin de semana teremos a "revancha" deste último partido de Copa. Primeira xornada de Liga a próxima fin de semana. Numancia - Ánimas en Prados Vellos. ¡¡¡Pasaremos lista¡¡¡

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.

 


 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.