Inicio Noticias Infantís INFANTIS. G. CARANZA "B", 4 - NUMANCIA, 0.
 
 

INFANTIS. G. CARANZA "B", 4 - NUMANCIA, 0.

PRIMEIRA DERROTA DA TEMPORADA

Partido correspondente a penúltima xornada da Copa Infantil grupo A, disputado na mañá do sábado no campo Municipal Gómez Noya de Caranza en Ferrol ante numerosos espectadores de ambos equipos.
 


Ferrol 18 de outubro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

G. CARANZA "B": Ángel, Adrián (Alex), Antón, Blas (Ángel Calvo), Yago, Isma (Álvaro), Víctor, (Dani) Xoan, Hugo, Paulo (Sergio) e Brais (C).

Adestrador: Ángel Tenreiro Sanjuán.

Delegado: Francisco Insua Beade.

NUMANCIA: Rubén (Jorge), Jaime (Manu), Dani (C), Borja, Josema (Raúl), Pablo, Saúl, Iván, Cristian, Martín e Adrián (Fran).

Adestrador: Antonio González Varela..

Delegado: Jorge Martínez Varela.

COLEXIADO: D. Pablo Carballal Mora. Amoestou ao xogador do Galicia de Caranza "B", Hugo.

GOLES:

1 - 0 (HUGO) Balón solto na área numantina que recolle Hugo para batir a Rubén (minuto 5).

2 - 0 (XOAN) Erro na sáida de balón do Numancia que aproveita Xoan para establecer o segundo (minuto 36).

3 - 0 (ÁLVARO) Centro dende banda dereita que remata Álvaro sin oposición no punto de penalti (minuto 63).

4 - 0 (ÁLVARO) Xogada individual de Álvaro que termina en gol (minuto 73).

CRÓNICA:

Madrugaban os equipos do Galicia de Caranza "B" e do Numancia para xogar un interesante partido que enfrontaba aos dous primeiros clasificados do grupo "A"; empatados a puntos. Os ferroláns conseguiron levarse a vitoria e tamén colocarse líderes en solitario na clasificación.

O partido comezaba co habitual tanteo inicial entre os dous equipos. No minuto 5, Hugo aproveitaba un balón solto na área do Numancia para facer o 1 - 0. A primeira metade foi moi igualada, os locais disfrutaban de máis posesión de balón elaborando xogadas de ataque ben solventadas pola defensa e gardarredes numantinos. Os aresáns levaban tamén perigo a portería local por medio de contraataques, internadas por banda e xogadas a balón parado. No minuto 36 chegaba o 2 - 0 para os locais que aproveitaban un agasallo dun Numancia que quedaba tocado. Con 2 - 0 chegabamos ao descanso.

Na segunda metade dominio local ao que resistiu o Numancia ata o minuto 60. No minuto 63 Álvaro facía o 3 - 0. Tiveron ocasións de gol os numantinos por medio de Manu e Iván pero non era o día. No minuto 73 novamente Álvaro establecía o 4 - 0 definitivo.

En resumo, bo partido do Numancia ante un dos mellores equipos da competición. Unha pena os agasalos concecidos a este bo equipo dun vello coñecido do Numancia como "Xelo"; agasallos que non se poden conceder ante xogadores de gran calidade. Soamente queda felicitar ao rival e seguir aprendendo e medrando para ser mellores xogadores semana tras semana, algo que é mais fácil de conseguir xogando sempre ante bos equipos.

O vindeiro sábado as 16:00 o Numancia infantil rematará a fase de grupos da competición de Copa recibindo ao 4º clasificado, o SDR Ánimas de Ferrol en Prados Vellos. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

A continuación podedes disfrutar dunha galería fotográfica do partido en Caranza por xentileza de Domingo García.

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.


 



 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.