Inicio Noticias Infantís INFANTIS. NUMANCIA, 5 – RACING DE FERROL “B”, 4.
 
 

INFANTIS. NUMANCIA, 5 – RACING DE FERROL “B”, 4.

A FE MOVE MONTAÑAS

Partido correspondente a 4ª xornada da Copa Infantil grupo A, disputado na tarde do mércores en Prados Vellos ante un gran número de espectadores de ambos equipos.

 

Ares, 24 de setembro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Fran (Jorge), Jaime, Dani (C), Borja, Raúl (Josema), Pablo, Mario, Saúl (Martín), Cristian, Iván e Adrián (Manu).

Adestrador: Antonio González Varela.

Delegado: Jorge Martínez Varela.

RACING FERROL "B": Iván, Mario García (Juan), Gonzalo (Mario Couce), Diego (C), Pablo García, Pablo Ares, Isma, Martín (Brais), Caio (Sergio) Carlos e Miguel.

Adestrador: Julián Aneiros Rey.

2º Adestrador: Álvaro García Cuello.

Delegado: Antonio Aneiros Rey.

COLEXIADO: D. Cristian Santos González. Amoestou a Borja no Numancia.

GOLES:

Numancia: Cristian (3), Iván e Martín.

Racing de Ferrol "B": Carlos (2) e Isma (2).

 



CRÓNICA:

Gran ambiente en Prados Vellos para ver un bonito partido de infantís entre un Numancia que comezou moi ben a temporada e un dos mellores equipos da categoría como o Racing de Ferrol "B". O partido non defraudou.

Adiantábase o Numancia no minuto 6 por mediación de Cristian. Reaccionaban os racinguistas para remontar o partido. Nos minutos 19 e 30 o mellor xogador dos verdes, o goleador Carlos Do Carmo anotaba dous goles para establecer o 1 - 2. Pero antes do descanso conseguía empatar o Numancia por mediación de Iván que establecía no minuto 36 o 2 - 2 co que se chegaba ao intermedio.

Na reanudación de novo igualada, emoción e goles. Martín no minuto 46 anotaba o 3 - 2 para os numantinos. Novamente reaccionaba o Racing sendo Isma o que no minuto 68 facía o 3 - 3. Os últimos 10 minutos foron de infarto e de alternancia no marcador. O 4 - 3 era obra de Cristian no 75. Empataba no 77 de novo Isma para o Racing establecendo un 4 - 4 que parecía definitivo. Pero no 79 o protagonista do encontro de hoxe Cristian aparecía para anotar o definitivo 5 - 4. Sufrimento no desconto aguantando o marcador e explosión de xúbilo co pitido final do colexiado para celebrar esta bonita e importante vitoria do Numancia infantil ante o todopoderoso Racing.

En resumo, gran partido de infantís o que nos ofreceron os dous equipos, con bo fútbol, loita, deportividade, emoción e moitos goles. Agradecer a todo o público asistente que foi moito para tratarse dun partido de infantís; facendo unha mención especial aos compoñentes (nenos, adestradores, pais) de moitas das categorías do Numancia que animaron na tarde do mércores ao equipo de infantís axudándolle a conseguir a vitoria. Todos xuntos sempre é moito mais fácil.

Sen tempo para descansar, o Numancia infantil xogará a 5ª xornada da Copa este venres as 17:15 en Miño onde deberá defender un anecdótico liderato. Estamos seguros que con traballo e compromiso chegarán mais ledicias durante a temporada. ¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.