Inicio Noticias Infantís INFANTIS. NUMANCIA, 3 - MANIÑOS, 3.
 
 

INFANTIS. NUMANCIA, 3 - MANIÑOS, 3.

EMPATE CRUEL; CONCIENCIA TRANQUILA

Partido correspondiente a 2ª xornada da Copa Infantil grupo A, disputado no tarde do mércores en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

Ares 17 de setembro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Rubén (Fran), Martín Rodríguez (Cristian), Jaime, Borja, Josema (Raúl), Pablo Vascós, Pablo Cartelle (Manu), Dani (C), Mario, Martín e Iván (Adrián).

Adestrador: Antonio González Varela.

Delegado: Jorge Martínez Varela.

C. MANIÑOS: Adrián (Alberto), Fran, Juan (C), Víctor, Héctor, Casal, Pablo, Juan F., Mateo, Adri e Jesús (Santi) Tamén viaxaron: Yago, Isma e Martín.

Delegado: Fabio Lourido Menaya.

COLEXIADO: D. Francisco López Gómez. Expulsou a Fran polo Numancia no minuto 65.

GOLES:

1 - 0 (IVÁN) Centro de Mario dende á dereita e remate de Iván no punto de penalti (minuto 19).

1 - 1 (JESÚS) Falta lanzada polo Maniños que rexeita Rubén. O rechace o aproveitado por Jesús para anotar o empate (minuto 21).

2 - 1 (MARTÍN) Semi - volea de Martín dende o pico esquerdo da área que entra pola escuadra da portería visitante (minuto 41).

3 - 1 (MARIO) Centro de Dani dende a banda dereita e remate de Mario de cabeza no segundo palo (minuto 50).

3 - 2 (JESÚS) Balón longo sobre Jesús que anota diante de Fran (minuto 50).

3 - 3 (CASAL) Libre directo de Casal que supera a Adrián por alto (minuto 67).

  



CRÓNICA:

Despois de vencer na primeira xornada, Numancia e Maniños medíanse en Prados Vellos no que resultou foi un partido entretido, vibrante, disputado e polémico.

Nos primeiros minutos houbo igualdade e ningún dos dous equipos conseguía impoñer o seu xogo. Chegaban dous goles consecutivos, Iván adiantaba ao Numancia no minuto 19 e Jesús empataba para os de Maniños no minuto 21.

Esos goles sentaron mellor ao Numancia que pasou a dominar o partido e tivo claras ocasións nas botas de Iván e Mario para irse con vantaxe ao descanso pero non houbo acerto; sendo o resultado no intermedio de 1 - 1.

Na segunda metade saiu moito mellor ao Numancia que pechou aos visitantes na sua área nos primeiros 15 minutos da reanudación. Martín no minuto 41 e Mario no 50 colocaban o 3 - 1 para o Numancia e poideron ser mais. A partir do minuto 55 os numantinos sufriron unha páxara que fixo reaccionar o Maniños. No minuto 56 Casal anotaba o 3 - 2. No minuto 65 chegaba a xogada clave do partido. O gardarredes local Fran era expulsado por evitar unha ocasión manifiesta de gol. Expulsíon xusta e rigurosa pero cruel xa que os numantinos reclamaban penalti na acción anterior que propiciu o contraataque da expulsión. Mala sorte hoxe coas situacións incontrolables do fútbol.... O feito é que para colmo de males Casal anotaba o 3 - 3 marcando a falta directa que sorprendía o porteiro accidental do Numancia, Adrián. No último tramo do partido sucesións de córners para o Numancia que poido levarse un encontro que finalmente terminou con empate.

En definitiva, vibrante partido o que nos ofreceron todos os nenos participantes no mesmo, 16 no Numancia e 13 no Maniños. Obxetivo cumprido pola nosa parte o de ofrecer un bo espectáculo na estrea en competición oficial en Prados Vellos e tamén en dar minutos e protagonismo a todos os xogadores disponibles do plantel e a dous xogadores alevíns. Alta participación para todos durante toda a temporada para conseguir unha temporada mais en infantís o obxetivo principal; que todos os xogadores sigan xogando ao fútbol na próxima temporada. En cuestión de resultados esperamos ter mais sorte que no partido de hoxe; saldando estas dúas primeiras xornadas cunha vitoria e un empate.

O próximo partido para o Numancia será o DOMINGO as 11:00 no Municipal de Cariño ante o equipo local. Toca de novo madrugar e viaxar. ¡¡¡Alí estaremos¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.