Inicio Noticias Infantís INFANTIS. ORTIGUEIRA, 4 - NUMANCIA, 6.
 
 

INFANTIS. ORTIGUEIRA, 4 - NUMANCIA, 6.

RESISTENCIA A TOPE

Partido correspondiente a primeira xornada da Copa Infantil grupo A, disputado no campo de San Claudio en Ortigueira ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 


Ortigueira 13 de setembro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

ORTIGUEIRA: Eloy (Marquitos), Dani, Jorge, Marcos, Mario, Raúl, Brais (Fajón), Manuel, Juan e Manu.

Delegado: David Rodríguez Vale.

NUMANCIA: Fran, Martín Rodríguez, Jaime, Borja, Josema (Raúl), Pablo Vascós (C), Pablo Cartelle, Mario, Cristian, Martín Saavedra e Adrián (Manu).

Adestrador: Antonio González Varela.

Delegado: Jorge Martínez Varela.

COLEXIADO: D. Juan Alberto Piñón López. Amoestou a Mario por parte do Numancia.

GOLES:

Ortigueira CF: Manuel, Yago, Juan e Marcos.

Numancia: Mario (2), Pablo Vascós, Martín, Adrián e Cristian.

CRÓNICA:Infantís: Ortigueira - Numancia (San Claudio 13/09/2014)

Comezaba a Copa infantil cun partido compricado para o Numancia. Nunha mañá de sábado con sol e temperatura bochornosa a expedición do Numancia con escasez de efectivos afrontaba despois de madrugar un largo viaxe ata Ortigueira.

Saíron os numantinos con moita forza e no minuto 1 Pablo Vascós anotaba o 0 - 1 grazas a un disparo raso dende o borde da área. Nos minutos 7 e 19 os locais remontaban o partido por medio de Manuel e Yago aproveitando a sua velocidade e colocando o 2 - 1 no marcador. Pronto reaccionaba o Numancia e no minuto 22 Martín Saavedra anotaba o 2 - 2 aproveitando un rexeite do porteiro tras un centro de Cristian. Aínda habería máis goles antes do descanso. No minuto 26 os locais aproveitaban un erro na saída de balón numantina para anotar o 3 - 2 por medio de Juan. Posteriormente no minuto 36 Mario aproveitaba un lanzamento de libre indirecto para estalecer o 3 - 3 co que ambos equipos chegarían ao intermedio.

Na reanudación repetiase a historia da primeira metade. No minuto 41 bonito pase de Pablo Vascós para que Adrián anotara de vaselina ante a saída do porteiro local o 3 - 4. Durante a segunda metade o Numancia domimaba e sentenciaba o partido. No minuto 60 pase interior de Mario para que Cristian anotara o 3 - 5. E no minuto 70 sería Mario cun gol olímpico dende o banderín de córner o que anotaba o 3 - 6 para dar certa tranquilidade a parroquia aresana. No minuto 75 Marcos establecía o definitivo 4 - 6 para os locais. Nos últimos minutos acoso e derribo do conxunto de Ortegal ante a portería de Fran; ben respondido polos bravos xogadores numantinos que conservaron o resultado favorable ata ó final do partido.

En definitiva, bo traballo dos 11 xogadores infantís e dos 2 xogadores alevíns nun desprazamento compricado e nun partido algo tolo en Ortigueira. Agradecer a Pablo Cartelle e Martín Rodríguez xogadores do equipo alevín o seu compromiso co club viaxando ata a Ortigueira e xogando a gran nivel co equipo de infantís. ¡¡¡Noraboa rapaces¡¡¡ Agradecer tamén a todo o persoal do Ortigueira CF que fixo que a expedición do Numancia se sentira durante a sua estancia en San Claudio como na casa. Moitas gracias e sorte para a temporada que comeza para todos os equipos do Ortigueira CF.

A temporada comeza forte. O próximo mércores chega a 2ª xornada de Copa, será en Prados Vellos as 19:00 ante o Cultural Maniños. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡ Partido bonito para buscar unha nova vitoria e acudir con moita moral o próximo fin de semana a Cariño. ¡¡¡Vémonos o mércores en Prados Vellos¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.